A obra recolle conversas con Moncho Núñez, creador dos tres Museos Científicos Coruñeses e do Muncyt
Para público en xeral
14/01/2020
Xa rematou
Ás 19.30 horas
A Domus acolle o martes 14 de xaneiro ás 19.30 horas a presentación do libro Cuatro casas para la ciencia, editado pola Universidade da Coruña. A obra, do xornalista Jacinto Ruiz, recolle conversas co divulgador Moncho Núñez, creador da Casa das Ciencias, a Domus, o Aquarium Finisterrae e o Muncyt. Ao acto está previsto que tamén acuda a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.
Cuatro casas para la ciencia é a histora das decisións e dos acontecementos que levaron, nun período de poucos anos, á creación na Coruña de catro museos que converteron a cidade nunha das grandes capitais da cultura científica.
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
7 de marzo de 2024
Trátase dunha vela realizada por escolares do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta.
6 de febreiro de 2024
Para visitar o Aquarium ou asistir a unha sesión de Planetario será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o sábado 10 de febreiro. A entrada á Domus será libre.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible