Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de maio de 2018

O venres 18 de maio, a entrada á Casa das Cienicas, Domus e Aquarium Finisterrae é gratuíta

Portas abertas nos Museos Científicos Coruñeses polo Día Internacional dos Museos

Esta xornada gratis invita á cidadanía a visitar a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterra, e coñecer as súas exposicións e actividades.

As experiencias na Casa das Ciencias van desde mirar como a gravidade fai debuxos xeométricos, subir a unha randeeira diferente, xogar nunha pista de baile iluminada por raios cósmicos ou interactuar cun xerador de paisaxes planetarias por realidade virtual.

Na Domus, a exposición «Xogo de Neuronas», sobre a intelixencia humana, invita a realizar pinturas creativas sobre unha pantalla táctil, a experimentar ilusións visuais ou participar nun xogo no que gaña quen máis se relaxa.

E no Aquarium, a mostra «Mar de Plástico» presenta 85 orixinais obras artísticas realizadas con materiais plásticos recuperados como lixo nas praias galegas. Ademais, o público poderá asistir aos dous momentos do día en que se alimenta ás focas, ás 12 e ás 17 horas, e á alimentación dos tiburóns do Nautilus ás 11.30 horas.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión