15 de xuño de 2018
STEM Discovery Week é unha iniciativa internacional que convida a escolas e institucións a realizar actividades relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas.
O premio concedido á Domus corresponde á súa participación cun programa de talleres científicos para escolares galegos, englobados na sección "Descubridores activos", no que se trataba de involucrar a comunidade escolar en actividades STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas, nas súas siglas en inglés).
Estes talleres tiveron lugar o pasado mes de abril no Laboratorio Aberto, un espazo pensado para vestir a bata de laboratorio, poñer as lentes de seguridade e manexar os instrumentos que utilizan as persoas científicas no seu día a día para investigar. Os talleres que se realizaron, e que forman parte da oferta para grupos escolares da Domus, son os seguintes:
- Investiga a vacina do VIH. O alumnado experimenta se a vacina para a sida na que traballan os científicos de IrsiCaixa podería ser eficaz para protexer a poboación de distintos continentes.
- A revolución biotecnolóxica. Un taller para transformarse en biotecnólogo e participar na procura dunha diana para o tratamento contra a aterosclerose.
- Como se desenvolven os fármacos? Para participar na síntese dun novo fármaco que se está investigando para o párkinson.
- Diseccións en directo, de corazón e ollo de porco.
- Artistas da prehistoria. Un taller no que converterse nun artista prehistórico e coñecer os materiais, técnicas e temas favoritos dos nosos antepasados.
- ExploraDomus Escola. Nesta actividade o alumnado descobre a ciencia que se esconde na cociña, nunha experiencia para coñecer a ciencia nos espazos máis cotiáns.
Stem Discovery Week está organizada por European Schoolnet, unha organización sen ánimo de lucro que impulsa a innovación educativa entre os seus socios, que son ministerios de educación, escolas, profesorado, persoal investigador e industrias.
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
7 de marzo de 2024
Trátase dunha vela realizada por escolares do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta.
6 de febreiro de 2024
Para visitar o Aquarium ou asistir a unha sesión de Planetario será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o sábado 10 de febreiro. A entrada á Domus será libre.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible