Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de xuño de 2018

STEM Discovery Week 2018 premia a Domus

STEM Discovery Week é unha iniciativa internacional que convida a escolas e institucións a realizar actividades relacionadas coa ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería e as matemáticas.

O premio concedido á Domus corresponde á súa participación cun programa de talleres científicos para escolares galegos, englobados na sección "Descubridores activos", no que se trataba de involucrar a comunidade escolar en actividades STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas, nas súas siglas en inglés).

Estes talleres tiveron lugar o pasado mes de abril no Laboratorio Aberto, un espazo pensado para vestir a bata de laboratorio, poñer as lentes de seguridade e manexar os instrumentos que utilizan as persoas científicas no seu día a día para investigar. Os talleres que se realizaron, e que forman parte da oferta para grupos escolares da Domus, son os seguintes:

- Investiga a vacina do VIH. O alumnado experimenta se a vacina para a sida na que traballan os científicos de IrsiCaixa podería ser eficaz para protexer a poboación de distintos continentes.

- A revolución biotecnolóxica. Un taller para transformarse en biotecnólogo e participar na procura dunha diana para o tratamento contra a aterosclerose.

- Como se desenvolven os fármacos? Para participar na síntese dun novo fármaco que se está investigando para o párkinson.

- Diseccións en directo, de corazón e ollo de porco.

- Artistas da prehistoria. Un taller no que converterse nun artista prehistórico e coñecer os materiais, técnicas e temas favoritos dos nosos antepasados.

- ExploraDomus Escola. Nesta actividade o alumnado descobre a ciencia que se esconde na cociña, nunha experiencia para coñecer a ciencia nos espazos máis cotiáns.

Stem Discovery Week está organizada por European Schoolnet, unha organización sen ánimo de lucro que impulsa a innovación educativa entre os seus socios, que son ministerios de educación, escolas, profesorado, persoal investigador e industrias.

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Páxina web:

http://www.scientix.eu/events/campaigns/sdw18/winners

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión