Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de novembro de 2018

Talleres de tecnoloxía na Domus con motivo da Mobile Week

Para participar en calquera das actividades hai que realizar unha inscrición previa, que xa está aberta.

As actividades comezan co taller denominado «Cacharreo tecnolóxico», que terá lugar os días 22, 23 e 24 de novembro. Dirixido a persoas entre 10 e 16 anos, quen participe realizará montaxes sinxelas feitas con materiais baratos e accesibles ou reciclados. A través da exploración libre, cada participante vai incluíndo os elementos que lle interesan, chegando a creacións cada vez máis elaboradas. Inscricións:

Taller do día 22

Taller do día 23

Taller do día 24

A segunda actividade, o «Taller de E-Téxtiles», será o sábado 24 de novembro, desde as 10.00 ata as 20.00 horas. Organizado coa colaboración da asociación Bricolabs, terá un formato de hackaton e está dirixido a persoas maiores de 16 anos con interese en explorar as fronteiras entre a artesanía téxtil e as chamadas novas tecnoloxías. Os E-téxtiles son tecidos que inclúen compoñentes electrónicos como baterías, LEDs ou pequenos ordenadores para mellorar as súas propiedades ou adquirir novas prestacións.

Inscrición aquí.

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Páxina web:

https://www.mobileweekcoruna.com/es/eventos/

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión