16 de novembro de 2018
Para participar en calquera das actividades hai que realizar unha inscrición previa, que xa está aberta.
As actividades comezan co taller denominado «Cacharreo tecnolóxico», que terá lugar os días 22, 23 e 24 de novembro. Dirixido a persoas entre 10 e 16 anos, quen participe realizará montaxes sinxelas feitas con materiais baratos e accesibles ou reciclados. A través da exploración libre, cada participante vai incluíndo os elementos que lle interesan, chegando a creacións cada vez máis elaboradas. Inscricións:
A segunda actividade, o «Taller de E-Téxtiles», será o sábado 24 de novembro, desde as 10.00 ata as 20.00 horas. Organizado coa colaboración da asociación Bricolabs, terá un formato de hackaton e está dirixido a persoas maiores de 16 anos con interese en explorar as fronteiras entre a artesanía téxtil e as chamadas novas tecnoloxías. Os E-téxtiles son tecidos que inclúen compoñentes electrónicos como baterías, LEDs ou pequenos ordenadores para mellorar as súas propiedades ou adquirir novas prestacións.
Inscrición aquí.
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible