6 de abril de 2019
As actividades terán lugar o sábado 6 de abril de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 19.00 horas (o acceso ao Aquarium pecha ás 18.00 horas)
O Aquarium Finisterrae acolle, o vindeiro sábado 6 de abril, unha xornada de talleres científicos con experimentos e xogos relacionados co mar e cos seus habitantes. Profesorado e alumnado da Universidade da Coruña (UDC) ofreceranlle ao público catro actividades en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas (o acceso ao Aquarium pecha ás 18.00 horas):
Con esta iniciativa, a UDC quere celebrar o vixésimo aniversario do Aquarium Finisterrae (cumpre 20 anos o 5 de xuño), expoñéndolle ao público como afecta o océano ás nosas vidas e sobre como a nosa cultura impacta sobre este medio.
A participación nesta actividade será libre e gratuíta. Deberase aboar só a entrada correspondente ao Aquarium.
A actividade está organizada polo grupo UDCiencia (de divulgación e innovación docente) da UDC.
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible