Si, hai dous bonos de desconto para as nosas persoas visitantes.
1. BONO TRES CASAS | "Paga dúas e leva tres"
Unha visita a cada museo, na data que ti elixas. Se vas visitar o Aquarium Finisterrae e outro centro, saca este bono e polo mesmo prezo poderás visitar as salas de exposicións dos tres Museos Científicos Coruñeses.
Débese adquirir na recepción da Casa das Ciencias, da Domus ou do Aquarium Finisterrae.
- Prezo: 12,36 €
- Período de validez: ilimitado, non caduca.
2. TARXETA 20 | Tarifa plana
Dá acceso ás salas de exposicións dos Museos Científicos Coruñeses cantas veces se desexe durante un ano. As persoas titulares da Tarxeta Vente tamén teñen prezo reducido nas sesións de cinema 3D e planetario dixital.
Á venda na recepción dos tres museos:
- Prezo: 20,60 €
- Prezo reducido: 10,30 € (menores de 16 e maiores de 65)
- É unha tarxeta persoal: para adquirila e usala, a persoa titular deberá mostrar o seu DNI ou pasaporte.
- Período de validez: un ano enteiro, dende a súa data de expedición.
Tamén che pode interesar
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días de 10.00 a 19.00 horas.
7 de marzo de 2024
Trátase dunha vela realizada por escolares do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta.
6 de febreiro de 2024
Para visitar o Aquarium ou asistir a unha sesión de Planetario será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o sábado 10 de febreiro. A entrada á Domus será libre.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible