Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRC danza: Suddenly III

Danza contemporánea

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

05/12/2019

Xa rematou

Horario:

20.30 h

Duración:

50 minutos

Enderezo:

Teatro Rosalía de Castro. Rúa Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña

Prezo:

8'00 € (carné xove, + 65 anos, persoas desempregadas: -20%; familias numerosas: -25%)

Suddenly III parte de todos estes pequenos impulsos que nos paralizan por uns segundos. Estas ideas que cruzan a nosa mente en realidade fannos ser conscientes de que podemos estar en perigo. É unha forma que o cerebro utiliza para lembrar que debemos ter coidado. Pero, que pasará se decido levarme por ese impulso? Que pasará se salto? Que pasará se disparo? Que pasará se o bico? A obra reflicte que é o que sucede cando nos arriscamos e nos deixamos levar por eses impulsos. Ás veces estas tolemias fan que sigamos vivos e queiramos saltar ao baleiro no canto de quedar nun equilibrio absurdo que nos anula. Porque non sempre preferimos o malo coñecido que o bo por coñecer. Cunha linguaxe física e un tipo de movemento dinámico e enérxico, Suddenly III é unha obra visual, cargada de imaxes, cuxo obxectivo principal é que todas estas fotografías bailadas queden na retina das persoas espectadoras.

Coreografía e dramaturxia: Jaiotz OSA

Intérpretes: Jaiotz OSA, Xabier MUJIKA

Dirección: Jaiotz OSA + Xabier MUJIKA

Iluminación: Josu MURGIA / OUSA+MUJIKA

Venda de entradas:

Despacho Central, praza de Ourense: de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

Despacho do Teatro Rosalía: só abre os días de función de 16.00 a 20.00 h

Televenda: 902 044 226

Web: https://www.ticketea.com/entradas-danza-suddenly-iii-osa-mujica-teatro-rosalia/

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión