Novas sesións da actividade que propón unha visita guiada pola zona técnica do Aquarium Finisterrae.
Para público en xeral
Os días 29/09/2018, 30/09/2018, 03/11/2018, 04/11/2018
Xa rematou
A preinscrición ábrese o 24 de setembro, ás 10.00 horas, mediante formulario electrónico
Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña
A actividade inclúe o percorrido por instalacións como o laboratorio, a cociña, as salas de filtración ou as salas de corentena. Dirixida a persoas maiores de 14 anos, realizaranse sábados e domingos ás 12.00 horas.
Para participar hai que preinscribirse a partir das 10.00 horas do luns 24 de setembro a través deste formulario electrónico.
As persoas participantes deberán aboar só o prezo de entrada ao Aquarium (excepto titulares de Tarxeta 20 e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias), xa que é unha actividade sen custo adicional.
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
7 de marzo de 2024
Trátase dunha vela realizada por escolares do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta.
6 de febreiro de 2024
Para visitar o Aquarium ou asistir a unha sesión de Planetario será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o sábado 10 de febreiro. A entrada á Domus será libre.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible