Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Museos Científicos Coruñeses

Prismas Casa das Ciencias á Divulgación

Os Prismas son unha iniciativa dos Museos Científicos Coruñeses (Concello da Coruña) para premiar a difusión da cultura científica, e apoiar a todos/as os/as profesionais que traballan neste campo.

XXXI Convocatoria

30 XUÑ 2018, 12.00 h | Fin do prazo de presentación da modalidade Libro editado

31 XUL 2018, 12.00 h | Fin do prazo de presentación do resto de candidaturas

17 NOV 2018 | Entrega de premios (Concello da Coruña)

Modalidades

  • Vídeo
  • Web / rede social
  • Texto inédito
  • Libro editado
  • Artigo xornalístico
  • Radio
  • Prisma Especial do Xurado, a persoas ou institucións que se significaron pola súa contribución á divulgación científica.

Como participar

Os traballos presentados estarán dirixidos ao público en xeral e versarán sobre calquera tema en relación coas ciencias, tanto nos seus aspectos xerais, como en calquera das súas ramas ou aplicacións prácticas, incluíndo biografías de científicos e historia da ciencia, que contribúan á mellor comprensión das ideas, actitudes e procesos científicos. 


  • PRAZO

Ata o 31 de xullo do 2018 
(ata o 30 de xuño de 2018 para a modalidade de Libro editado).

  • ENVÍO DE TRABALLOS

Cada candidatura irá acompañada dunha ficha de participación debidamente cuberta e asinada, cumprindo as condicións detalladas nas bases xerais e nas bases específicas de cada modalidade.

 Poderán ser enviados a:

> Correo ordinario:


XXXI Convocatoria Prismas á Divulgación.

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarida, s/n. 15005. A Coruña. España.

> Correo electrónico:

premios@casaciencias.org

Dotación dos premios

- Vídeo: Prisma de Bronce + 4.000 euros

- Web/rede social: Prisma de Bronce + 4.000 euros

- Texto inédito: Prisma de Bronce + 4.000 euros + edición e publicación

- Artigo xornalístico: Prisma de Bronce + 4.000 euros

- Radio: Prisma de Bronce + 4.000 euros

- Libro editado: Prisma de Bronce para a editorial

- Premio Especial do Xurado: Prisma de Bronce + 4.000 euros

Gañadores edición 2017

> Modalidade de traballos en vídeo

«¡Qué animal! Parque natural de las Fragas do Eume» de Carme Nicolás, Manuel Muñoz e Pere Figuerola, emitido na 2 de TVE.

Outorgouse unha mención honorífica ao traballo: «Mareas rojas» de Manuel E. García e Jorge H. Urcera.

> Modalidade de sitios web

«Ciencia de sofá» de Jordi Pereyra Marí.

> Modalidade de textos orixinais e inéditos

«¡Hay una mujer en mi experimento! Un viaje con las grandes científicas de la historia» de Jorge Roberto Gutiérrez Bolívar.

> Modalidade de libros editados

«Todo es cuestión de química» de Deborah García Bello, publicado pola Editorial Paidós.

> Modalidade de artigos xornalísticos

«Cómo diseñar ADN en el garaje» de Michele Catanzaro, publicado no suplemento dominical de El Periódico de Catalunya.

> Modalidade de traballos en radio

«O café cuántico 6: sobre primates, ratos e feromonas» de Elena Denia, Antonio Sánchez e Héctor Vives, emitido en Burjassot Radio.

> Premio especial do Xurado

Jorge Mira Pérez, pola súa contribución á divulgación da ciencia e o seu estímulo á aprendizaxe da mocidade e a promoción da cultura científica, manexando todo tipo de formatos divulgativos, sacando o coñecemento científico á rúa.

Novidades

Novidades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?