Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Museos Científicos Coruñeses

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Visitas escolares

CURSO 2019/2020

Descubre as nosas novas exposicións, proxeccións, talleres e actividades

Casa das Ciencias

EXPOSICIÓNS

>> Exploratorium

Descubre sucesos sorprendentes, investiga efectos curiosos, aprende a facerte as túas propias preguntas e a buscarlles resposta. Esta sala de módulos interactivos permite a manipulación directa de fenómenos relacionados coa luz, as ondas sonoras, a tensión superficial, o movemento circular ou as forzas magnéticas.

>> A astronomía como cha contan

Meteoritos, fósiles de dinosauro, fragmentos dunha nave espacial soviética ou dos paneis do telescopio espacial Hubble forman parte desta exposición sobre a forma en que aprendemos astronomía nos medios de comunicación.

>> Puro swing

Unha mostra sobre péndulos cos que facer música, randearse ou sentir no teu corpo as propiedades dos sistemas caóticos. E unha explicación do funcionamento do botafumeiro que poderás comprender.

PROGRAMAS DE PLANETARIO

>> Lévame á Lúa (NOVIDADE)

Algúns fitos científico-tecnolóxicos deixaron pegada na historia da humanidade. Durante 2019 celebramos o cincuenta aniversario da chegada do ser humano á Lúa cun novo programa para profundar no coñecemento do astro ao que seguramente máis miramos do noso ceo.

>> Astronomía en directo

Unha sesión que comeza coa explicación dos astros máis notables que se poden ver no ceo no día da visita. A continuación convídase a formular preguntas nunha conversa ilustrada con todos os recursos audiovisuais do planetario dixital.

>> A noite é necesaria

A oferta escolar mantén este programa sobre os efectos da excesiva iluminación das nosas cidades, desde a perda do ceo nocturno ata o seu impacto sobre a factura da iluminación pública, os ecosistemas nocturnos ou nosa propia saúde.

Dispoñemos doutros programas que poderás elixir no momento de formalizar a reserva.

Domus

EXPOSICIÓNS

>> Bocados (NOVIDADE)

Nova sección sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Unha boa nutrición constitúe a base para garantir o benestar e o potencial humano. Non é só un produto do desenvolvemento, senón tamén a semente que posibilitará un futuro mellor. O reto é pensar en global e actuar en local para a transformación cara a unha nutrición, e un mundo, máis sustentable.

>> Xogo de neuronas

Unha exposición interactiva sobre a intelixencia humana para que poñas a proba as túas capacidades lóxicas, motoras ou artísticas.

AUDIOVISUAIS

>> Claqueta científica

Programa audiovisual que convida o público escolar a descubrir o cinema que produce quen traballa en ciencia. Cada mes poderedes asistir a unha selección de tres vídeos de divulgación científica. É unha actividade gratuíta, duns 20 minutos de duración.

TALLERES

>> maker@domus. É o espazo da Domus para internarse na cultura "maker" e facer tecnoloxía por ti mesmo. Unha oportunidade única para comezar a pensar "coas mans". Consulta aquí os talleres que vos ofrecemos.

>> Laboratorio Aberto. Un espazo para vestir a bata de laboratorio, poñer as lentes de seguridade e manexar os instrumentos que utilizan os científicos no seu día a día, desde micropipetas a centrifugadoras, pasando por axitadores, básculas, tubos e moito máis. Consulta aquí os talleres que vos ofrecemos.

Aquarium finisterrae

EXPOSICIÓNS

>> Sexo azul (NOVIDADE)

É a nova exposición temporal da Sala Humbolt. A través de acuarios, murais gráficos, elementos interactivos, instrumentos científicos, pezas e pantallas táctiles preséntase a curiosa e divertida reprodución dos organismos mariños.

>> OceanoSfera

Trátase dun proxector esférico no que se simulan fenómenos naturais que suceden a escala global (cambio climático, sobrepesca). Este curso presentaremos un novo programa para educación infantil sobre a reprodución dos seres acuáticos.

>> Fotografía de natureza

O contido da sala Isabel Castelo renóvase con exposicións de fotografías de natureza. Este curso presentaremos a European Wildlife Photographer of the Year 2019.

Lembra que podes reservar unha visita guiada ás exposicións se o teu alumnado é de Educación Infantil e Primaria.

ACTIVIDADES

Unha diversidade de actividades para diferentes niveis educativos:

>> Actualidade Mariña

Poderás solicitar unha charla sobre temas científicos relacionados co océano (contaminación, cambio climático, extinción de especies etc). Para os grupos de bacharelato; capacidade máxima: 50 alumnas/os

>> Charca das Caricias

Talleres experimentais sobre aspectos curiosos da bioloxía dos peixes e invertebrados mariños do acuario. Para alumnado de educación secundaria.

>> Alimentación de focas

Se a visita coincide co momento en que se lles dá de comer ás focas, pódese participar nas charlas sobre as características destes mamíferos mariños e sobre o adestramento veterinario.

>> Alimentación de quenllas

O público escolar que visita o Nautilus recibe explicacións sobre a alimentación das quenllas e sobre a identificación e curiosidades doutras especies. Luns, mércores e venres ás 11:30 horas.

>> Zona técnica

Existe a posibilidade de reservar visitas guiadas para grupos de 10-15 persoas aos laboratorios, salas de filtración e corentenas do Aquarium. Para alumnado de educación secundaria e bacharelato.

Prezos

> Cota especial*

  • Casa das Ciencias: 0 €
  • Domus: 0 €
  • Aquarium Finisterrae: 0 €
  • Planetario: 0 €
  • Cinema Domus: 0 €

*Cota especial só para grupos con reserva previa nalgún destes casos:

  • A Coruña Grupos de centros educativos do Concello da Coruña
  • XANEIRO-FEBREIRO Grupos que nos visiten nos dous primeiros meses do ano
  • VISITA PREPARADA Se o/a profesor/a que acompaña o grupo acudiu antes á reunión previa
  • AMIGOS Se o centro escolar é socio da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias

> Tarifa reducida

Os grupos escolares sen cota especial, pero con reserva, teñen tarifa reducida:

Casa das Ciencias: 1 €

Domus: 1 €

Aquarium Finisterrae: 4 €

Planetario: 1 €

Cinema Domus: 0 €

Para os grupos con reserva previa que visiten os tres museos no mesmo día.

> Gratis total

En ningún caso pagan entrada:

  • O PROFESORADO, se acompaña a un grupo escolar ou se vai debidamente acreditado
  • O alumnado DISCAPACITADO FÍSICO E PSÍQUICO

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Os tres museos, o planetario e o cinema de Domus son gratuítos estes días* do curso 2019/2020:

11-17 de novembro de 2019 (Semana da Ciencia)

25 de febreiro de 2020 (martes de Entroido)

9 de maio de 2020 (Día da Ciencia na Rúa)

18 de maio de 2020 (Día dos Museos)

7 de outubro de 2020 (Día do Rosario)

* Os festivos e fins de semana non hai actividades nin servizos especiais para grupos escolares.

Prepara a visita

Planifica o tempo e aproveita os contidos máis adecuados para o teu grupo:

> Reunión preparatoria para profesorado

Martes, ás 16:30 h

  • Logo da solicitude no 981 189 848, todos os martes lectivos, ás 16:30 h, sesión en cada museo para lle axudar ao profesorado para preparar a visita.
  • O persoal coordinador de educación percorre os museos co profesorado e entréganlle material didáctico.
  • O profesorado que acuda á reunión e acompañe despois o grupo o día da visita obtén cota especial: todo gratis para o seu grupo.

> Canto dura a visita a cada museo?

Visita estimada (sen ter en conta a asistencia a actividades especiais)

  • Casa das Ciencias: 1 hora
  • Domus: 1 hora 30 min
  • Aquarium Finisterrae: 2 horas

> Horarios e prazas das actividades especiais

  • Cinema Domus (20 min). Horario: 10:00, 11:30, 13:00, 16:00 e 17:00 (xaneiro-febreiro). 10:00, 11:30, 13:00, 16:30 e 18:00 (resto do curso)
  • Capacidade: 116 prazas
  • Planetario (Casa das Ciencias, 45 min). Horario: 10:00, 11:30, 13:00, 16:00 e 17:00 (xaneiro-febreiro). 10:00, 11:30, 13:00, 16:30 e 18:00 (resto do curso). Capacidade: 79 prazas
  • Talleres escolares: >> Domus Talleres no Laboratorio Aberto (hora e día a escoller, máx. 32 alumnas/os). Ver días.
  • Visitas animadas: >> Aquarium Finisterrae: Falando con peixes (luns, mércores e venres, ás 11.30 h, máx. 50 alumnas/os). Charlas divulgativas (Bacharelato)

> Onde podemos comer?

  • Picnic da Domus

Traede a vosa comida ao picnic da Domus. Quendas de 80 persoas e 45 minutos como máximo. Horarios: 12:00, 13:00, 14:00, 15:00 h

  • Restaurante Domus

Podedes encargar o xantar no teléfono 981 201 136.

  • Cantina de Ultramar

Podedes encargar o xantar na cantina do Aquarium Finisterrae. Teléfono: 981 217 682

> Máis información: en 981 189 848 e reservas@casaciencias.org

Reserva xa!

  1. Descarga a folla de reserva (tela ao final desta páxina).
  2. Imprímea e cúbrea: a folla de reserva ten que levar a sinatura dun/dunha profesor/a e o selo do centro.

  3. Envíaa por fax (981 189 843 · 981 189 841 · 981 189 847) ou escanéaa (cuberta, selada e asinada) e envíaa a reservas@casaciencias.org.

> Reservas especiais (se queres ir ao Laboratorio aberto ou ao espazo maker@domus, os dous na Domus):

- Laboratorio aberto. É preciso cubrir este formulario en liña.

- maker@domus. É preciso cubrir este formulario en liña.

> IMPORTANTE

A reserva só quedará formalizada cando comuniquemos a confirmación do número exacto de prazas reservadas, a data ou datas de visita, e o programa detallado.

Novidades

Noticias

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?