Concello da Coruña

Concello da Coruña

Aquarium Finisterrae: 1999-2019

Unha mostra dos carteis das exposicións que produciu a Casa dos Peixes desde a súa inauguración

FINALIZADA

O 5 de xuño de 2019 o Aquarium Finisterrae cumpre 20 anos. Durante todo este tempo organizáronse moitas exposicións e actividades na Casa dos Peixes, coa visita e complicidade de millóns de persoas. En homenaxe a todas elas, producimos a exposición Aquarium Finisterrae: 1999-2019, que mostra os carteis das exposicións que produciu a Casa dos Peixes desde a súa inauguración.

En 1999 o Aquarium Finisterrae abriu as súas portas ao público por primeira vez. A súa inauguración coincidiu coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente e co 200 aniversario da saída do porto da Coruña da expedición americana de Alexander von Humboldt. Deste xeito realzouse o compromiso do terceiro museo científico coruñés coa conservación do océano e a divulgación científica.

Acontecementos memorables

Os vinte anos de vida do Aquarium están repletos de acontecementos memorables. Moitos deles teñen que ver coa incorporación á súa colección biolóxica de animais singulares que co paso do tempo convertéronse nos favoritos do público.

  • O 13 de abril de 2000 chegaron Petra (1998) e Hansi (1997), as primeiras focas.
  • Tres anos máis tarde, a principios do verán de 2003, naceron Deneb e Altair, as primeiras focas coruñesas.
  • O 10 de febreiro de 2006 fixo a súa entrada estelar Gastón (1996), a enorme quenlla touro que vive na sala Nautilus.

Máis de 5 millóns de visitas

Desde a súa inauguración, o Aquarium Finisterrae recibiu máis de 5.550.000 visitantes e produciu 67 exposicións. Un 30% do público do museo corresponde a escolares, que tiveron a oportunidade de ver as máis de 200 especies de animais e plantas que forman parte da súa colección biolóxica.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión