Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de marzo de 2019

Aventura coas focas

O venres 22 de marzo ábrese a preinscrición para as sesións de abril, maio e xuño de 2019.

O Aquarium Finisterrae propón unha actividade especial da fin de semana chamada «Aventura coas focas», unha experiencia na que se poderá participar nas tarefas de preparación da comida das focas e na súa alimentación. A actividade realízase sábados e domingos ás 11.00 horas, e está dirixida a nenos e nenas maiores de 7 anos, que deberán asistir cunha persoa adulta.

Para participar hai que preinscribirse o venres 22 de marzo a través dun formulario electrónico dispoñible aquí.

Só se admitirán os formularios de preinscrición que se reciban entre as 10.00 e as 13:00 horas do 22 de marzo.

Nesta convocatoria ofrécense 180 prazas (10 participantes por día) para as sesións que terán lugar en abril, maio e xuño de 2019.

As persoas que obteñan praza deberán aboar só o prezo de entrada ao Aquarium (excepto titulares da Tarxeta 20 e da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias), xa que é unha actividade sen custo adicional.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión