Concello da Coruña

Concello da Coruña

«Cando elas contan: divulgación científica en feminino»

Presentación do libro «Científicas. De la fuerza del rayo a la hélice de la vida», gañador do Prisma 2017 ao mellor texto inédito, seguido dunha mesa redonda con catro científicas e divulgadoras.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

16/11/2018

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar o espazo

Horario:

Ás 19.30 horas

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Nos últimos anos xurdiron moitas iniciativas que buscan promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, tamén no ámbito das ciencias e da tecnoloxía.

Con motivo da presentación de «Científicas. La apasionante historia de las mujeres detrás de los grandes descubrimientos de la ciencia», libro gañador do Prisma 2017 ao mellor texto inédito e que acaba de ser editado por Guadalmazán, realizarase un coloquio científico co autor, Jorge Bolívar, e con tres especialistas en divulgación e educación científica:

- Clara Grima, matemática, divulgadora científica e Prisma especial do Xurado 2018

- Carmen del Puerto Varela, xefa da Unidade de Comunicación e Cultura Científica do Instituto de Astrofísica de Canarias e presidenta do xurado dos Prismas 2018

- Águeda Gras Velázquez, directora do departamento de educación das ciencias de European Schoolnet e membro do xurado dos Prismas 2018

- Joana Castro Barros, coordinadora da Associação Viver a Ciência e membro do xurado dos Prismas 2018

Na charla falarase sobre a importancia dos referentes femininos na divulgación, as razóns polas que poucas mozas se interesan en estudos como a informática e algunhas enxeñerías ou se existe divulgación científica para homes e para mulleres.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión