Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de abril de 2018

Charla no Aquarium Finisterrae sobre a conservación das aves mariñas

A conferencia «Estratexias de conservación en aves mariñas: o papel das áreas protexidas», será impartida por David Álvarez, doutor en Bioloxía.

Falarase de como se pode axudar á conservación das aves mariñas incidindo sobre as actividades humanas que afectan directamente á súa mortalidade, xa sexa establecendo zonas de exclusión arredor das colonias de cría ou nas zonas de alimentación, ou limitando temporalmente o uso de artes de pesca e outras actividades. Tamén se formulará como o establecemento de zonas de reserva pode afectar positivamente a outras especies ademais de ás aves mariñas.

David Álvarez é licenciado en Bioloxía pola Universidade de Oviedo na especialidade de Zooloxía e doutor pola mesma universidade. Durante a súa etapa como investigador tamén traballou no campo da bioloxía da conservación de especies ameazadas, sobre todo con peixes, anfibios e aves mariñas, analizando o impacto das pesqueiras comerciais, as verteduras contaminantes e as especies invasoras sobre as súas poboacións.

Sábado 28 de abril ás 12 horas

Entrada libre ata completar a capacidade

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión