Concello da Coruña

Concello da Coruña

«El enigma Agustina», representación teatral de divulgación científica

«El enigma Agustina» é un novo espectáculo de divulgación científica, denominado triformato, que combina radio en directo, cinema e teatro.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

15/11/2019

Xa rematou

Horario:

Ás 20:00 horas

Enderezo:

Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completarse a capacidade.

Páxina web:

https://www.iaa.csic.es/noticias/se-estrena-el-enigma-agustina-pelicula-producida-por-el-instituto-astrofisica-andalucia-iaa

Organiza:

Museos Científicos Coruñeses

Os Museos Científicos traen á Coruña a representación teatral «El enigma Agustina». A obra conta a historia de Agustina Ruiz Dupont, nacida en Almuñécar a finais do século XIX e criada en París, onde se licenciou en Física e se converteu nun personaxe de primeiro nivel desde o punto de vista científico. Agustina, nun momento da súa vida, abandona todo e dedícase a percorrer os pobos de España para explicar a ciencia dunha maneira innovadora, a través de cancións populares coa letra adaptada a un contido científico.

O triformato «El enigma Agustina» foi premiado co Prisma Casa das Ciencias á Divulgación 2019 na modalidade de mellor proxecto singular.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión