16 de xaneiro de 2020
A Domus realizará conexións en directo co xornalista Xavier Fonseca desde a Antártida.
Xavier Fonseca estará en xaneiro e febreiro na base científica española Juan Carlos I, situada na illa de Livingston, e na base militar, na illa Decepción. Está alí como enviado especial de La Voz de Galicia e como integrante dun equipo multidisciplinar para levar a cabo o proxecto de comunicación «Historias do tempo, especial Antártida».
Os Museos Científicos Coruñeses colaborarán realizando conexións en directo con Xavier Fonseca na Domus. Están convidados a asistir grupos de alumnado de primaria, secundaria e bacharelato os días 28 de xaneiro, 4, 6, 11, 13, 18 e 20 de febreiro, ás 11.45 horas, que reservasen previamente a actividade. As persoas asistentes poderán conversar co xornalista destacado na Antártida e coñecer de primeira man como se desenvolve o día a día da expedición nun dos lugares máis inhóspitos e cientificamente interesantes do noso planeta.
Xavier Fonseca é xornalista e divulgador cientifico, creador e responsable da sección «Historias do tempo» de La Voz de Galicia. Ademais, actualmente está a realizar un doutoramento sobre cambio climático.
Para reservas e máis información: patricia@casaciencias.org
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
7 de marzo de 2024
Trátase dunha vela realizada por escolares do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, Oleiros, con deseños e mensaxes sobre a conservación do planeta.
6 de febreiro de 2024
Para visitar o Aquarium ou asistir a unha sesión de Planetario será imprescindible realizar unha reserva de entradas, que poderá facerse desde o sábado 10 de febreiro. A entrada á Domus será libre.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible