Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de marzo de 2019

Novas sesións da actividade «Viaxe ao centro do Aquarium»

O venres 8 de marzo ábrese a preinscrición para as sesións de marzo, abril e xuño de 2019.

O Aquarium organiza novas sesións da actividade que propón unha visita guiada pola súa zona técnica e que inclúe instalacións como o laboratorio, a cociña, as salas de filtración ou as salas de corentena. Dirixida a persoas maiores de 14 anos, realizaranse sábados e domingos ás 12.00 horas (pódense consultar as datas no formulario de preinscrición).

Para participar hai que preinscribirse a partir das 10.00 horas do venres 8 de marzo a través dun formulario electrónico dispoñible aquí.

As persoas admitidas deberán aboar só o prezo da entrada ao Aquarium (excepto titulares da Tarxeta 20 e membros da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias), xa que é unha actividade sen custo adicional.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión