Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de xuño de 2019

O Aquarium Finisterrae celebra o seu 20 aniversario cun espectáculo musical

Terá lugar o sábado 22 de xuño ás 19 horas, con entrada gratuíta ata completar a capacidade.

«En clave de mar. A anulación do suxeito» é unha montaxe musical e teatral que se estreará o sábado 22 de xuño no Aquarium Finisterrae con motivo da celebración do seu vixésimo aniversario.

As asociacións coruñesas Pianeiros e Mar de fábula ofreceranlle ao público un espectáculo de música para piano, danza e efectos artísticos visuais, a cargo de quince novos pianistas, a bailarina Enma Cabanas e o artista Pablo López. Interpretarán pezas clásicas e unha fábula, titulada «Criaturas caóticas», de Xosé Manuel Barros, baixo a dirección artística da pianista Nuria Díaz Mera.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión