Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de decembro de 2019

O Aquarium Finisterrae participa na Conferencia sobre o Cambio Climático

Intervirá no foro sobre os océanos, as áreas costeiras e os ecosistemas mariños que terá lugar o venres 6 de decembro.

O Aquarium Finisterrae participa na Conferencia das Nacións Unidas sobre Cambio Climático (COP25) que se realiza en Madrid entre o 2 e o 13 de decembro.

O acuario coruñés foi convidado como membro da World Ocean Network, unha organización non gobernamental que traballa con acuarios, museos e centros de ciencia de todo o mundo para divulgar a importancia que ten o mar na vida das persoas e informar sobre os retos ambientais aos que se enfronta o océano por mor da actividade humana.

O Aquarium Finisterrae, representado polo seu director técnico, Francisco Franco del Amo, participará no foro sobre os océanos, as áreas costeiras e os ecosistemas mariños que terá lugar o venres 6 de decembro. Durante este foro presentaranse resultados científicos, iniciativas e accións que axuden a comprender os impactos do cambio climático no océano, así como a capacidade de adaptación dos seres vivos a este fenómeno global.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión