Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de novembro de 2018

O cinema da Domus cambia a súa programación

A nova carteleira ofrece unha selección de audiovisuais científicos que se proxectan nunha sesión única.

Baixo o título de «Claqueta Científica», a nova programación audiovisual da Domus consta dunha sesión de 18 minutos de duración total na que se proxectan tres películas, que se irán cambiando períodicamente. En novembro e decembro proxectaranse as seguintes:

«A maldición do crocodilo de Ricla». Neste audiovisual os investigadores explican o proceso realizado para describir o primeiro crocodilo mariño do Jurásico de España, un dos fósiles máis importantes e emblemáticos do Museo de Ciencias Naturais da Universidade de Zaragoza, e que se estudou e definiu como unha nova especie.

«Divulgar: o perigo das mascotas nas illas». Hai aproximadamente 9.000 anos os gatos foron domesticados. Desde entón convertéronse en compañeiros inseparables de moitos humanos. Pero moitos destes gatos, unha vez que chegan á súa nova contorna, comezan a competir polos recursos con outros organismos que non están preparados para defenderse dun depredador tan eficiente. E se isto ocorre nunha illa, as consecuencias para os ecosistemas poden ser dramáticas.

«De maior quero ser científica: enxeñeira informática. Curta que forma parte da serie "De maior quero ser científica", de audiovisuais nos que nenas e científicas presentan perfís de profesionais biomédicas desde o próximo e cotián.

O horario de proxección da Claqueta Científica é:

- De luns a venres, ás 18.00 horas

- Sábados, domingos e festivos: ás 12.00, 13.00, 17.00 e 18.00 horas.

Para asistir a estas proxeccións só é necesario retirar unha invitación en recepción, xa que é unha actividade gratuíta, incluída no prezo da entrada ao museo.

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión