Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de xuño de 2019

O grupo UDCiencia realiza talleres no Aquarium polo seu vinte aniversario

As actividades terán lugar o domingo 16 de xuño de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas (o acceso ao Aquarium pecha ás 18.00 horas)

O Aquarium Finisterrae acolle, o vindeiro domingo 16 de xuño, unha xornada de talleres científicos con experimentos e xogos relacionados co mar e cos seus habitantes.

Profesorado e alumnado da Universidade da Coruña (UDC) ofreceranlle ao público catro actividades en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas (o acceso ao Aquarium pecha ás 18.00 horas):

1. A vida do Rei Centolo. Para observar e coñecer o proceso de muda das centolas, o seu ciclo vital e algunhas curiosidades.

2. Nadando con Dori. Experimentos para saber como se producen as brisas, a que se deben as mareas ou como flotan os peixes na auga.

3. A rebelión das masas. Sobre os afloramentos de algas e nutrientes, e os blooms algais na saída das rías

4. Bob e os seus irmáns. Mostrará como son os esqueletos destes animais, as súas espículas, escleritos, esponxina.

Con esta iniciativa, a UDC quere celebrar o vixésimo aniversario do Aquarium Finisterrae expoñéndolle ao público como afecta o océano ás nosas vidas e sobre como a nosa cultura impacta sobre este medio.

A participación nesta actividade será libre e gratuíta para o público que visite o Aquarium, que realiza ese día xornada de portas abertas.

A actividade está organizada polo grupo UDCiencia (de divulgación e innovación docente) da UDC.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión