Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de xuño de 2018

O Planetario proxecta por San Xoán a curtametraxe «Fogos»

Proxectarase como un extra ao final do novo programa «A noite é necesaria», ás 13.00 e 18.00 horas do sábado 23 e domingo 24 de xuño.

«Fogos» é unha película experimental para planetarios que foi gravada nas festas de San Xoán da Coruña. É unha película que propón gozar de mirar e escoitar, a esencia mesma das artes e ciencias do cinema.

Esta curtametraxe, producida polos Museos Científicos Coruñeses, presentarase no Festival Internacional de Cinema de Marsella o próximo mes de xullo. Nos últimos meses este filme xa foi proxectado noutros certames:

- S8, Festival de Cinema Periférico da Coruña

- Festival Internacional de Cinema Independente de Cosquín (Arxentina)

- Festival Internacional de Cinema Documental de Navarra

- Festival Internacional de Cinema Inmersivo de Espinho (Portugal)

- Festival Internacional de Cinema de Xixón

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión