Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Museos Científicos Coruñeses

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Cando:

16 de agosto de 2019

Sesión comentada do programa do planetario «Máis aló do Sol»

Unha actividade gratuíta da Casa das Ciencias que terá lugar o venres 16 de agosto ás 20.30 horas. Será posible retirar invitacións desde ese mesmo día ás 10.00 horas.

A Casa das Ciencias organiza unha sesión comentada do programa de planetario Máis aló do Sol. Unha actividade gratuíta que terá lugar o venres 16 de agosto ás 20.30 horas. A sesión incluirá un pase do programa, tras o cal o seu asesor científico, o astrofísico José Antonio Caballero, responderá as preguntas do público. É unha actividade pensada para maiores de 12 anos. Para asistir é preciso retirar invitacións na recepción da Casa das Ciencias desde ese mesmo venres ás 10.00 horas.

A protagonista de máis alá do Sol é Celeste, unha nena afeccionada á astronomía que recibe unha visita inesperada para viaxar fose do sistema solar. Durante o percorrido descobre que, do mesmo xeito que o Sol, hai moitas outras estrelas rodeadas tamén por planetas. Hainos grandes e pequenos, gaseosos e rochosos, secos ou cubertos completamente por auga. E algúns mesmo vagan solitarios polo universo.

José Antonio Caballero é astrofísico do Centro de Astrobiología de Madrid, onde é responsable do proxecto CARMENES de procura de exoplanetas, e foi o supervisor científico de máis alá do Sol.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Novidades

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?