Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de decembro de 2018

«Sexo azul», nova exposición no Aquarium Finisterrae

Mostra interactiva sobre a reprodución sexual dos seres vivos que viven na auga

A exposición está formada por 20 módulos que conteñen seres vivos, pezas de museo, modelos, pantallas táctiles, xogos, aparellos interactivos e ilustracións.

Nos dez acuarios que contén poden verse animais que migran durante a época de reprodución, coidan as súas crías, constrúen niños, executan complicadas danzas nupciais, intercambian os roles feminino e masculino ou utilizan sustancias químicas para atraer a súa parella. Tamén, un peixe capaz de cambiar de sexo ata vinte veces ao día; e unha especie de quenlla cuxas femias, en determinadas circunstancias, son capaces de reproducírense sen a intervención dos machos.

Ademais hai módulos interactivos con xogos e pantallas táctiles, que tratan sobre as sustancias químicas, os sons e as danzas que os animais acuáticos utilizan para atraer as súas parellas, o vínculo entre o sexo e o mar na mitoloxía, ou as diferentes estratexias de apareamento.

Ilustracións destacadas

Outro aspecto destacable da exposición son as obras de arte que forman parte dela. Os tres grandes murais que abren e cerran a mostra son obra do ilustrador galego Miguelanxo Prado.

Tamén forma parte da exposición unha colección de tratados antigos de historia natural, procedentes da biblioteca do Aquarium Finisterrae e que nunca antes foran mostrados ao público.

Elementos singulares

Un dos módulos principais da exposición, a instalación Sex machine, é unha escultura colectiva construída con pezas elaboradas polas persoas visitantes do Aquarium Finisterrae que participaron en varios talleres de arte efémera sustentable, que foron organizados con ocasión desta exposición e estiveron dirixidos por artistas do colectivo Retoque Retro.

Sexo azul foi producida polo equipo dos Museos Científicos Coruñeses do Concello da Coruña, coa colaboración de Miguelanxo Prado, Retoque Retro, Hilda Varela, o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago e o Museo Nacional de Ciencias Naturais.

Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e universidades.

Enderezo:

Aquarium Finisterrae. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 34. 15002 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión