Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de abril de 2018

Veredicto do Xurado do XIX Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola

A fase final deste premio tivo lugar na Domus a mañá do 28 de abril.

Os sesis equipos finalistas fixeron unha presentación pública diante do xurado e de máis de 120 persoas que abarrotaron a sala Leonardo da Vinci do museo coruñés.

A continuación detállase o veredicto do xurado:

Modalidade de Ensino Primario:

Primeiro premio: "Os caracoles de xardín son capaces de seguir un rastro de comida?" Presentado por Mar Domínguez Pacheco, do CEIP Vicente Otero Valcárcel, Carral.

Segundo premio: "Xerminan en tempo similar cebolas plantadas simultaneamente pero en posicións distintas?" Presentado por Isabel Espiñeira Suárez, do CPI Castro Baxoi, Miño.

Terceiro premio: "Xermes. Non podemos vivir con eles, pero, sen eles tampouco?" Presentado por Yolanda López Poceiro, do CEIP Valle Inclán, O Grove.

Modalidade de Investigación Científica en Ensino Secundario Obrigatorio:

Primeiro premio: "Estudo da eficacia da maiéutica de Sócrates a través do formato de WhatsApp no ensino das ciencias". Presentado por Sara Fernández Gómez e Laura Graciela Nóvoa Quintas, do Colexio Plurilingüe San José - Josefinas, Ourense.

Segundo premio: "Afectan os incendios ao banco de sementes?" Presentado por Christian Prieto Afonso, Yoel Rodríguez Alonso e Martín Rodríguez Branco, do IES Carlos Casares, Viana do Bolo.

Terceiro premio: "Como inflúen as distintas concentracións de minerais dos fertilizantes no crecemento da Viola x wittrockiana?" Presentado por Juan Barcala García, do Colexio Obradoiro, A Coruña

O xurado estivo presidido, por delegación do Excmo. Sr. Alcalde da Coruña, por D. Manuel Miramontes Antas, xefe de produción dos Museos Científicos Coruñeses.

E estivo constituído ademais por:

Da. María del Carmen Fernández de Castro, profesora de Educación Primaria, D. Xacobo de Toro, profesor de Educación Secundaria, Da. Luisa María Segade Zas, profesora da Universidade da Coruña, Da. Manuela Méndez Baneira, membro da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias. D. Marcos Pérez Maldonado, xefe do servizo Museos Científicos, actuou como secretario do xurado.

Premios

Os premios consistiron en aparellos tecnolóxicos e, no caso das aulas finalistas a modalidade de Primaria, nunha visita especial ao Aquarium Finisterrae. Ademais, os traballos gañadores en cada modalidade poderán presentarse na feira científica Galiciencia de Ourense.

O Premio Luis Freire de Investigación Científica para Escolares está convocado polo Concello da Coruña-Museos Científicos, en colaboración coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias. Pretende fomentar o interese pola ciencia e a formación en actitudes científicas, e premia as persoas participantes que se distingan pola orixinalidade e o rigor das súas investigacións e proxectos, e que demostren sentido crítico, curiosidade e constancia.

Enderezo:

Domus. Rúa Ángel Rebollo 91. 15002 A Coruña

Páxina web:

http://www.coruna.gal/mc2/es/premios/premio-luis-freire-de-investigacion-cientifica-en-la-escuela

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión