Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de novembro de 2018

Xornada sobre micoloxía na Casa das Ciencias

As actividades serán de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas, no edificio da entrada do parque de Santa Margarida pola rúa Padre Sarmiento.

A xornada consistirá na realización de talleres, dirixidos por estudantado universitario da Asociación UDCbigbang  e coa colaboración do Grupo Micolóxico Galego. Ademais, haberá unha exposición das especies de cogomelos máis representativos do momento.

A actividade está dirixida a todas as persoas, de calquera idade, que desexen iniciarse no coñecemento dos fungos. A entrada e a participación nas actividades é libre e gratuíta.

Os talleres serán os seguintes:

» Fungos microscópicos no día a día

Observación de fermentos e preparacións microscópicas de diferentes especies de fungos.

» Caderno de campo: diferentes formas no mundo dos fungos

Traballarase cunha maqueta, e propoñerase a realización de debuxos, e modelado en plastilina.

» Gabinete do micólogo

Conservación de exemplares, reactivos químicos, detalles con lupa e microscopio, claves dicotómicas...

» Comestible ou tóxico?

Mediante imaxes impresas dos cogomelos máis velenosos e as súas posibles confusións convidaranse as persoas visitantes á identificación e ao recoñecemento de diferentes características. Tipos de intoxicación.

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión