Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de outubro de 2018

O Concello recupera “zonas degradadas do espazo público a través da arte” co programa Ruarte, no que ilustradores e ilustradoras locais pintarán murais en sete puntos da cidade

A edil María García explica que o Goberno local busca dar continuidade a programa que incide no coidado da cidade e que amosa o traballo das e dos artistas locais

A concelleira de Medio Ambiente, María García, deu a coñecer esta mañá a iniciativa Ruarte, un programa que incide no coidado do espazo público a través de actuacións nas que a arte "non só é un medio de expresión senón tamén un xeito de mellora e recuperación das áreas degradadas do espazo público, no que se vexa a arte como xeito de poñer en valor a cidade". A través deste programa, ilustradores e ilustradoras renovarán o aspecto de sete espazos da cidade, que se converten así nunha maneira de amosar o traballo das e dos artistas, na súa maior parte locais, como apuntou a edil, en especial o realizado polas mulleres ilustradoras.

Esta intervención de espazos urbanos a través da realización dos murais comezará en sete puntos, pero ten vocación de continuidade, como apuntou García, que estivo acompañada polo artista Vicente Salvador Aneiros e o xestor cultural Fabrizio Rosano, por parte da entidade Sen Ánimo de Nome. O proxecto, que ten un orzamento duns 60.000 euros, comeza o 25 de outubro coa intervención sobre o depósito de auga de Monte Alto e o restos dos murais se irán facendo de maneira progresivo.

Salvador Aneiros será o encargado de transformar dous dos sete espazos, que son os aseos da praza da Cubela e as instalacións do parque de Eirís, nos que se fará un realzamento do espazo a través da pintura no primeiro punto e unha plasmación de especies autóctonas para buscar a integración co medio no segundo, como explicou o ilustrador. A recuperación da entrada do parque de San Diego e do viaduto da avenida do Exército é unha petición da asociación de veciños, indicou a edil, na que plasmará a súa obra, un mural con motivos do mar, Iria Fafián. Na rúa Caballeros fronte á estación de autobuses terá un espazo Xulia Pisón, no muro da finca dos Mariño terá un espazo Leo López e Secone e Paula Fraile no viaduto da rúa Costa Rica. Por último, a entidade Sen ánimo de nome, que apostou por "converter as rúas en museos con mensaxe", disporá do muro do depósito de auga de Monte Alto, no que o colectivo KASOMISO pintará unha imaxe do río Eume, como explicou Rosano. Esta última actividade está incluída no programa co que a entidade participou na liña de subvencións Cultura de Barrio da Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento. A responsable municipal lembrou tamén que está previsto que se realicen dous murais máis, dentro da acción do departamento de Igualade e Diversidade, por parte do Fondo Galego de Cooperación e que estará situados na rúa pose e na rúa Falperra.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión