Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Coruña Sostenible

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

18 de marzo de 2019

A Concellería de Medio Ambiente inicia hoxe a primeira fase de retirada de pintadas nos edificios da Pescaría e a Cidade Vella

As 46 intervencións de limpeza previstas para comezar o proceso levaranse a cabo nas rúas Real, Rego de Auga, San Nicolás, Santa María, Damas e as prazas de María Pita, Azcárraga e Humor, entre outros espazos

A Concellería de Medio Ambiente comeza hoxe a primeira fase de intervención para a eliminación de pintadas vandálicas en fachadas de inmobles situados na zona Pepri da cidade. Nesta primeira etapa, os traballos concentraranse nas rúas e espazos considerados prioritarios segundo o nivel de afección e, en paralelo, continuarase con proceso de comprobación das solicitudes e coa organización das seguintes fases de actuación. Dende hoxe, acometerase a retirada de pintadas vandálicas a través de 46 intervencións previstas nas rúas Real, Rego de Auga, Franxa, Ángel, Florida, Oliva, Bailén, Alcalde Canuto Berea, San Nicolás, calella da Estacada, Santa María, Damas, as praza de María Pita, Azcárraga, Humor, Porta de Aires, travesa de Porta de Aires, avenida da Mariña e travesa de Ferrerías. Das 46 intervencións previstas, 39 serán realizadas de maneira directa pola empresa concesionaria, mentres sete delas precisarán a supervisión de persoal de restauración e dúas, por tratarse de edificios catalogados como BIC, requiren de autorización de intervención por parte da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.  

O departamento municipal recibiu un total de 256 solicitudes para a retirada de pintadas vandálicas en edificios da zona Pepri durante o primeiro prazo aberto polo Goberno local, o que supón un 20% do total de edificios sobre os que se podería actuar dentro de este ámbito. As persoas e comunidades veciñais da Cidade Vella e Pescaría que o desexen poder continuar solicitando a actuación subsidiaria da administración local nesta limpeza viaria sen que haxa un límite de prazo. A documentación necesaria para a petición pode atoparse na páxina web: www.coruna.gal/medioambiente/gl/divulgacion-e-educacion-ambiental/comunicacion/axenda/axenda/plan-limpeza-pintadas-vandalicas-na-zona-pepri/suceso/1453681333496.

O plan integral da Concellería de Medio Ambiente para actuar contra as pintadas vandálicas na cidade está a ser abordado non só dende a limpeza senón outros ámbitos como o educativo con obradoiros en institutos que inciden na prevención e na desincentivación de condutas vandálicas; a recuperación de espazos degradados a través da arte; a prevención coa investigación das persoas autoras das pintadas e o desenvolvemento normativo.

Energía Sostenible

Al minuto

Agenda

Twitter @corunasostible

Twitter @airecoruna

Más información
  • Logotipo del Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?