Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Coruña Sostenible

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

15 de abril de 2019

A Concellería de Medio Ambiente intensifica este ano a campaña de prevención de lumes, na que triplicará os avisos a persoas propietarias para a limpeza e roza das súas parcelas

A edil María García indica que se reforzará o control nos barrios da cidade considerados prioritarios, aínda que lembra que a adecuación das fincas é unha obriga para todas as persoas titulares de terreos situadas nas franxas de protección que marca a lei

A Concellería de Medio Ambiente inicia a campaña de preparación e información para a época de máximo risco de incendios, que este ano intensificará as notificacións ás persoas propietarias de fincas dentro do termo municipal para que acometan a súa limpeza antes do 31 de maio tal e como marca a lei de prevención de incendios forestais de Galicia. A edil responsable, María García, explicou que esta campaña dirixida a propietarios e propietarias de fincas privadas está dentro das accións que acomete o Goberno local para a retirada de biomasa nas parcelas que están a menos de 50 metros de vivendas e outras edificacións e instalacións detalladas na normativa e entre as que se atopa tamén a limpeza e corte de maleza nas vías, camiños e parcelas de titularidade municipal. A concelleira salientou que os incendios forestais, ademais dun problema medioambiental que afecta a todos os elementos do noso ecosistema, estanse a converter nunha cuestión de seguridade pública debido a que cada vez son máis virulentos, rápidos e próximos a zonas habitadas, ante o que o Concello reforza as tarefas de prevención.

"Queremos facer fincapé nas tarefas de prevención que se veñen desenvolvendo no Concello nos últimos anos e que este ano se intensifican. No mes de abril comezáronse as rozas en cunetas e solares municipais e agora comezamos a requirir aos propietarios e propietarias para que presten atención aos seus deberes e desbrocen antes do 31 de maio", indicou García. A concelleira explicou que o Goberno local envía notificacións "nos casos que se consideran prioritarios" pero, recalcou, "todos os propietarios e propietarias de parcelas situadas a menos de 50 metros de poboacións están obrigados a facelo reciban ou non a carta do Concello".  Así, se habitualmente se tramitan entre 350 ou 400 expedientes de protección de incendios, este ano se iniciarán máis de 1.000 "cun esforzo administrativo importante". Esta campaña porá especial atención ás parcelas situadas nas zonas das Xubias, Feáns, Eirís, O Castrillón, Elviña, Zapateira, Breogán, Bens, O Portiño, Os Rosales, Penamoa, Pocomaco e Palavea, entre outros barrios, como zonas de actuación prioritaria, pero tamén chegará a outros puntos do municipio.

García salientou que o esforzo realizado nos últimos anos indica que "progresivamente vaise incrementando o índice de execución voluntaria por parte das persoas propietarias que rozan as súas parcelas en prazo, o que supón que dous terzos dos expedientes se arquivan". Nos casos restantes, como indicou a edil, o Concello vese obrigado a iniciar un proceso de execución baixo multa coercitiva que ten un importe mínimo de 1.000 euros. "A sanción é a última opción, porque o  que nos interesa é que as parcelas se limpen para que os núcleos estean en condicións de seguridade cando chegue o verán, por iso estamos reforzando a comunicación, que seguirán coa publicación dun bando e con reunións coas asociacións veciñais", avanzou.

Puntos limpios

Al minuto

Sin resultados.

Agenda

Twitter @corunasostible

Twitter @airecoruna

Más información
  • Logotipo del Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?