Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

5 de febreiro de 2019

A Concellería de Medio Ambiente mantén aberto o prazo de solicitude de composteiros caseiros dentro do programa educativo Composta Coruña

O departamento municipal comeza a formación inicial do primeiro grupo de 40 persoas solicitantes dun composteiro, e que contarán con seguimento e apoio ao longo de todo o programa

A Concellería de Medio Ambiente seguirá a recoller solicitudes da veciñanza para incorporarse ao programa educativo Composta Coruña ata cubrir as 78 prazas que se puxeron a disposición nesta segunda edición desta iniciativa para o tratamento doméstico dos residuos orgánicos e convertelos en fertilizante natural. O Goberno local comezará proximamente a formación das primeiras 40 persoas que solicitaron ter un composteiro caseiro, ao tempo que mantén aberto o prazo para cubrir as prazas vacantes. Esta iniciativa enmárcase nas liñas de acción da Concellería de Medio Ambiente para lograr unha redución efectiva dos residuos e achegarse ao residuo cero, xa que a instalación e uso destes novos composteiros evitará que cheguen ao sistema de xestión de residuos máis de 61 toneladas ao ano de materia orgánica. Na súa primeira edición, foron 50 as persoas e entidades que se sumaron ao programa educativo.

"O residuo orgánico é o que máis pesa dentro do sistema, o máis problemas xera porque causa malos olores, descomposición e lixiviados, pero tamén é o que é máis fácil de tratar na casa. Por iso incidimos na expansión dun sistema sinxelo e efectivo, que entronca coas nosas políticas de residuo cero", explica a responsable da área, María García.  

A participación en Composta Coruña, unha iniciativa dirixida a persoas con vivendas que teñan xardín ou horta ou asociacións, centros educativos ou entidades sen ánimo de lucro que dispoñan de espazos verdes, leva aparellada, ademais dun composteiro de 340 litros, unha formación inicial, tres visitas a domicilio, unha guía e apoio telefónico continuo. Un soporte completo para que as persoas que toman parte de Composta Coruña podan resolver as súas dúbidas e facer un uso efectivo do composteiro. Así, contarán tres visitas a domicilio realizadas por persoal educador durante o primeiro ano e segundo avancen as diferentes fases do proceso, para proporcionarlles consello e o apoio preciso, así como facer seguimento do seu uso. As persoas ou entidades que reciban o composteiro, comprométense a empregalo durante un mínimo de dous anos, un período que remata cunha visita final de avaliación.

As solicitudes dos composteiros poden presentarse no rexistro xeral do Concello da Coruña ou a través de calquera das outras formas previstas na lei. Toda a información do programa Composta Coruña está dispoñible na páxina web www.noseusitio.coruna.gal

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión