Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Coruña Sostenible

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

7 de febrero de 2019

A Concellería de Medio Ambiente recibiu 256 solicitudes para a limpeza de pintadas na Pescaría e Cidade Vella, que se comezarán a retirar nas vindeiras semanas

As persoas propietarias de inmobles na zona de especial protección patrimonial da cidade poden seguir requirindo a intervención do Goberno local para a limpeza de pintadas nas fachadas que dan á vía pública

A Concellería de Medio Ambiente recibiu un total de 256 solicitudes para a retirada de pintadas vandálicas en edificios da Pescaría e da Cidade Vella durante o primeiro prazo aberto polo Goberno local, o que supón un 20% do total de edificios sobre os que se podería actuar dentro de este ámbito. Agora, o departamento procederá a comprobar a documentación das peticións e a planificar os traballos de intervención que se executarán nas vindeiras semanas e que comezarán polas rúas e espazos considerados prioritarios segundo o nivel de afectación. Porén, as persoas e comunidades veciñais da zona Pepri que o desexen poder continuar solicitando a actuación subsidiaria da administración local nesta limpeza viaria sen que haxa un límite de prazo. Para estas novas solicitudes realizarase unha nova planificación de limpeza unha vez executadas as primeiras. A documentación, que pode entregarse en sede electrónica ou no rexistro xeral do Concello, pode atoparse en: www.coruna.gal/medioambiente/gl/divulgacion-e-educacion-ambiental/comunicacion/axenda/axenda/plan-limpeza-pintadas-vandalicas-na-zona-pepri/suceso/1453681333496.

O Concello puxo en marcha no mes de xaneiro unha fase de divulgación desta medida na zona Pepri da cidade, pola que se repartiu información nos inmobles, locais de comercio e hostalería e centros cívicos e outros equipamentos municipais co obxectivo de garantir a máxima participación de persoas propietarias neste proceso. O departamento de Medio Ambiente pode intervir no caso de fachadas de edificios privados que linden coa vía pública e estean no ámbito da Cidade Vella e da Pescaría, en base á necesidade de protección patrimonial, cultural e histórica que se lle outorga á Administración local na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia. Ademais, o Goberno local está a actuar nos edificios públicos de toda a cidade sobre os que se fixo unha análise previa de necesidades de limpeza. Así, a Concellería de Medio Ambiente combina a actuación directa de limpeza, co requirimento ás entidades e empresas responsables dos edificios en concesión e a tramitación dos preceptivos permisos da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia nos casos de edificios con protección patrimonial.

Estas medidas forman parte do paquete de medidas postas en marcha polo executivo local para actuar, dende distintos ámbitos, contra as pintadas vandálicas. Así, e para poder actuar tamén no resto de barrios da cidade que non contan con protección patrimonial, o Goberno local levou ao Pleno do mes de xaneiro unha modificación inicial da ordenanza de xestión de residuos municipais e limpeza viaria do Concello, que se atopa en exposición pública. Este cambio é preciso para que os servizos municipais poidan actuar sobre as pintadas vandálicas que teñan lugar en fachadas de toda a cidade, aínda a pesar de tratarse de inmobles privados. O plan integral complétase con outras medidas contra as pintadas vandálicas como a identificación das persoas infractoras mediante un traballo de análise grafolóxica e a mellora do espazo público degradado mediante actuacións artísticas, programa xa en marcha a través da iniciativa Ruarte.

  • Logotipo del Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?