Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de xaneiro de 2020

A contorna da Torre de Hércules, declarada provisionalmente como Espazo Natural de Interés Local (ENIL)

O DOG publica hoxe esta declaración provisional e informa do prazo de dous anos para elaborar o Plan de conservación da zona. A edila Esther Fontán afirmou: “É unha moi boa noticia para a cidade e desde a concellería estamos moi satisfeitos porque sempre se cumpriron os prazos requiridos pola Xunta de Galicia”.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a declaración provisional da contorna da Torre de Hércules como Espazo Natural de Interese Local (ENIL) e outorga dous anos de prazo máximo para elaborar o Plan de conservación da zona.

A concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Esther Fontán, manifestou a súa satisfacción por esta publicación, "é unha moi boa noticia para a cidade", e asegurou que desde a concellería "sempre se cumpriron os prazos requiridos pola Xunta de Galicia".

Canto ao Plan de conservación, Fontán quixo aclarar que se trata dun "manual de uso da contorna no que se deberán recoller as zonas de protección de especies tanto da flora como da fauna autóctona, o uso de sendas principais... Trátase de que conservemos a contorna e de evitar todo o que poida ser prexudicial para ela e o seu ecosistema". Neste senso, a edila asegurou que "a cidadanía debe estar tranquila, xa que poderán seguir utilizando a contorna para pasear, facer deporte, pasear os seus cans" e, matizou, "a praia das Lapas tamén seguirá a utilizarse como ata o de agora".

A titular de Medio Ambiente anunciou que a realización do plan en cuestión "vaise poñer en mans de persoal experto e a concellería supervisará este traballo, xa que se trata dun estudio moi complexo".

Respecto ao DOG de hoxe, Fontán lamentou que xunto a esta declaración provisional non se publicara a "declaración definitiva de ENIL das Illas de San Pedro" xa que "se cumpriron todos os prazos requiridos e non sabemos a que está agardando a Xunta para anunciar a súa declaración definitiva", asegurou.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión