Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de xuño de 2018

O Concello abre ao público o Centro de Interpretación das Baterías de San Pedro, que contará con visitas guiadas ata o 15 de setembro

O espazo estará dispoñible de martes a domingo para as persoas visitantes, que deberán facer a reserva de praza para acceder aos percorridos con guía

A Concellería de Medio Ambiente abre dende hoxe ao público, e ata o 15 de setembro, o Centro de Interpretación das Baterías de Costa do Monte de San Pedro, que contará tamén con visitas guiadas. Ademais de ao museo e o centro, os e as visitantes poderán participar destes percorridos con guía ao telémetro, a sala do posto de observación, á sala de dirección de tiro e á peza exterior. O parque de San Pedro alberga unha das baterías de costa, que data de 1929, mellor conservadas do mundo, polo que a Concellería de Medio Ambiente aposta pola súa integración no parque dende un punto de vista que pretende achegar educación ambiental, cultural e o fomento dun turismo verde. "A composición atlántica e peninsular da cidade foi sempre estratéxica e queremos manter esa visión precisamente dende o parque que albergan as mellores vistas da cidade", apunta a edil responsable.

As visitas guiadas, que aceptan grupos dun máximo de 15 persoas, están dispoñibles ás 12.00 e ás 17.00 horas e é preciso facer a reserva de praza no teléfono 981 184 337 ou enviando un correo electrónico a informacionambiental@coruna.es. Ademais das visitas programadas polo departamento de Medio Ambiente, é posible tamén realizar o paseo cunha das visitas caracterizadas que oferta o Consorcio de Turismo, na que un guía representa o papel de cabo da batería para trasladar á audiencia a 1929 e detallar a infraestrutura que converteu ao Golfo Ártabro nun dos mellores protexidos do mundo. Estas visitas realízanse os venres ás 16.30 horas e é preciso apuntarse con antelación no 600 877 278 ou na web www.visitasguiadas.coruna.es

O horario do centro de interpretación, que abre de martes a domingo, é de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión