Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de xaneiro de 2018

O Concello pon en marcha o servizo integral de xestión de aves urbanas, orientado cara ao sacrificio cero "e que favorecerá a convivencia entre estas especies e a veciñanza"

A edil María García salienta que o novo contrato, que ten unha duración de catro anos, inclúe un plan de atención puntual e de retirada urxente de aves “que estará operativa todos os días do ano”

O goberno local da Coruña vén de poñer en marcha o novo servizo de xestión de aves urbanas, unha proposta que ten como finalidade activar medidas que garantan unha boa convivencia entre estas especies e a cidadanía. Tal e como destaca a concelleira de Medio Ambiente, María García, o executivo coruñés "pretende garantir que a convivencia coas poboacións das especies máis frecuentes de aves, se dea por un lado, evitando   situacións molestas á veciñanza, e á vez proporcionando a mellor atención ás aves, así como vixiar que o crecemento das poboacións da fauna alada teña lugar baixo unhas condicións estables e controladas". O novo contrato, que se centra nas especies máis abundantes, como son a gaivota patiamarela, as pombas domésticas e os estorniños, especifica a obrigatoriedade de orientar o servizo cara a posta en marcha de estratexias sacrificio cero, de xeito que todos aqueles exemplares que por algunha circunstancia sexan capturadas serán liberados no medio natural. Esta medida "segue a liña de traballo posta en marcha polo executivo municipal, de cara a garantir unha cidade que favoreza o benestar animal", sinala García, quen lembra que o Concello recibiu esta mesma semana dous premios "pola súa boa xestión neste ámbito", outorgados pola Fundación Franz Weber e a Plataforma pola Protección Animal.

O contrato, que entrou en vigor este mes de xaneiro, establece un servizo por catro anos, con prezo de 163.351 euros por tempada. Entre as principais novidades do mesmo atópase a de establecer un pioneiro programa de atención de 24 horas. Así, desde este ano, A Coruña contará cun servizo de atención puntual e urxente para a retirada de aves atrapadas ou feridas a petición do supervisor municipal ou da Policía Local, as 24 horas do día, os 365 días do ano, sendo o prazo máximo de resposta de 12 horas. "Co novo servizo afondaremos non só no coidado das aves, senón que tamén damos resposta a unha recurrente demanda cidadá de atención á fauna alada, reducindo, ademais, o tempo de resposta", destaca a concelleira. A veciñanza poderá solicitar do mesmo xeito unha visita a domicilio, se fose necesaria, a través do teléfono municipal 010. Neste caso, fixarase un prazo medio de tres días para concertar a visita. O tempo empleado e o resultado da actuación levada a cabo quedará reflexada nun informe de periodicidade mensual.

Entre as novas liñas de traballo do contrato, que como asevera García "melloran cualitativamente a anterior adxudicación" inclúese a realización de campañas de sensibilización --por valor dun 3% do contrato anual-- sobre a problemática das aves urbanas e das especies que conforman esta clase de fauna da cidade, "o que favorecerá a concienciación e a corresponsabilidade veciñal respecto a súa situación", segundo apunta a edil, así como a realizar un anelamento científico das mesmas para o seguimento, estudo e trazabilidade de todas as pombas e gaivotas que, despois de ser tido capturadas na cidade, volvan ser liberadas no medio natural.

Actuacións específicas para cada especie

No caso da gaivota patiamarela, a empresa adxudicaria deste concurso encargarase de desprazar, na medida do posible, á poboación reprodutora asentada na cidade a outras zonas naturais, evitando a nidificación en elementos artificiais urbanos, mentres que no que atinxe ás pombas, evitarase a súa cría en edificios do casco urbano. A empresa adxudicataria terá que informar mensualmente ao Concello das localizacións dos denominados 'pombais urbanos'. Tamén se levará a cabo unha importante tarefa de prevención, tratando de evitar as zonas de alimentación incontrolada destes animais, prestando especial atención a zonas de xogo e ocio infantil. Por último, coas colonias de estorniños tratarase de desplazar as colonias que causen problemas con métodos non agresivos, como a reprodución de sonidos de alarma para esta especie.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión