Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de xuño de 2018

O Centro Oceanográfico da Coruña celebra unha xornada de portas abertas con múltiples actividades para a descuberta do mar e dos seus traballos de investigación

O alcalde, Xulio Ferreiro, visita mañá o centro, onde o persoal científico e técnico explicará de maneira didáctica e práctica aspectos da ciencia relativa aos océanos

O alcalde, Xulio Ferreiro, visita mañá, ás 12.00 horas, o Centro Oceanográfico da Coruña, que celebra a súa undécima edición da xornada de portas abertas, na que dará a coñecer os seus traballos de investigación. O persoal científico e técnico do centro estarán acompañando ao público durante a xornada, para poder explicar de maneira sinxela e próxima algún dos aspectos da ciencia relativa aos océanos.

Durante a xornada, que se desenvolve en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, haberá actividades propostas polo centro para afondar na vida mariña, a contaminación do medio ou a figuras de científicas relevantes como a de Ángeles Alvariño. Así, o público que se achegue poderá observar a vida mariña ao microscopios, ver unha exposición do equipamento tecnolóxico e descubrir como funciona un robot submarino no tripulado, coñecer as artes de pesca, a problemática dos descartes e os estudos de marcado e recaptura de peixes, descubrir a Ángeles Alvariño e a todas as mulleres que traballan ou traballaron no centro e experimentar coa composición do mar. Ademais, nas propostas hai lugar para concursos, como un de reciclaxe de residuos que se atopan no mar ou outro de debuxo para os nenos e as nenas, que terán unha serie de propostas infantís.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión