Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de maio de 2018

O programa 'A pé de barrio' inicia mañá o coidado do espazo público nos barrios do Castrillón, Oza, Monelos, Eirís, Palavea e As Xubias, tras realizar máis de 2.100 actuacións no Distrito 9

O alcalde e a concelleira de Medio Ambiente fixeron balance esta mañá coa veciñanza de San Roque dos traballos realizados nos once barrios do Distrito 9

As actuacións intensivas de coidado do espazo público que o Goberno local realiza dentro do programa A pé de barrio chegan mañá, 11 de maio, ao Distrito 6, que comprende os barrios de Castrillón, Oza, Monelos, Eirís, Palavea e As Xubias, e nos que está previsto actuar en 98 rúas ata o 18 de xuño. Así o avanzou o alcalde, Xulio Ferreiro, nun acto de balance dos traballos realizados nos últimos dous meses nos once barrios que compoñen o Distrito 9. "Foron 57 días de actuacións intensas de coidado do espazo público, nos que se realizou unha limpeza con auga en 217 rúas e se acometeron 2.152 accións de rexeneración urbana, que inclúen a substitución e reparación do mobiliario urbano,  mellora de accesibilidade ou pintado de pasos peonís, entre moitas outras", indicou. Neste sentido, Ferreiro destacou "os traballos de mantemento, conservación e reparación dos pavimentos das beirarrúas dunha vía central que vertebra o barrio da Agra do Orzán como é a rúa Barcelona e a súa área, na que tamén se acometeron obras de mellora da accesibilidade". Os barrios que compoñen o Distrito 9 son Sagrada Familia, Vioño, Ventorrillo, Agra de Orzán, Peruleiro, Santa Margarida, Mestre Mateo, Cidade Xardín, Riazor, Labañou e San Roque, dende se fixo hoxe o balance nun acto coa veciñanza no que participou tamén a concelleira de Medio Ambiente, María García.  

A edil fixo un repaso máis detallado das actuacións realizadas no Distrito 9, no que do total das 2.152 accións acometidas para o coidado dos espazos público, 1.858 consistiron na reparación e substitución de contedores e papeleiras, a retirada de pintadas no mobiliario urbano, o asentamento das tapas dos sumidoiros e dos rexistro, actuacións sobre o arborado, limpeza intensiva e actuacións sobre as pragas. Ademais, leváronse a cabo 76 obras de reparación e mellora na accesibilidade nas beirarrúas, repintado de pasos peonís, substitución de baldosas, reparación de alumeado e eliminación de fochancas. As tarefas de coidado do espazo público completáronse con 206 actuacións nas zonas verdes e axardinadas do Distrito 9.

Balance

Co remate das tarefas neste distrito, o programa A pé de barrio ten actuado xa en nove dos dez que agrupan os diferentes barrios da cidade. A mediados de xuño, cando acabe o mantemento e limpeza no número seis, o programa terá actuado xa en todos os barrios da cidade, cumprindo co obxectivo de actuar en todas os distritos e rúas da cidade nun ano. No balance actual, os traballos pasaron xa por 986 rúas da cidade para a súa limpeza intensiva con auga e retirada de vexetación, entre os que se contan 450 baldeos nocturnos que forman parte do Plan Especial de verán en prazas de toda a cidade. En total, leváronse a cabo 11.189 actuacións distribuídas en 6.386 accións encamiñadas á mellora do espazo público e o mobiliario, 2.038 accións sobre o alumeado público, 1.273 para a mellora da eficiencia e aforro de augas e electricidade, 391 traballos dirixidos a conseguir unha mellor accesibilidade e 918 actuacións en parques e zonas axardinadas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión