Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de xullo de 2017

O programa A Pé de Barrio realizou nas súas tres primeiras semanas en funcionamento actuacións de limpeza integral en cen rúas, parques e prazas de Monte Alto

O plan municipal de mellora intensiva do espazo público realizou desde xuño máis de 500 intervencións nos barrios do Distrito 10. O dispositivo intensivo de limpeza trasládase estes días á zona de Zalaeta, Orzán e Campo da Leña

A concelleira de Medio Ambiente, María García, deu conta esta mañá das actuacións desenvolvidas polo Concello a través do programa intensivo do espazo público A Pé de Barrio nas súas tres primeiras semanas. Son, en total, 519 actuacións desenvolvidas desde o 19 de xuño, data na que se puxo a andar o plan no Distrito 10 da cidade, que  abrangue Monte Alto, Atochas, Cidade Vella, Orillamar, As Lagoas, Pelamios, Zalaeta, Orzán, Maestranza, Peixería, Durmideiras, A Torre e Agra de San Amaro. En concreto, os servizos municipais realizaron un total de 134 actuacións de limpeza, reparación e pintado de fontes, ademais de 117 intervencións sobre o alumeado público, o que inclúe substitución de lámpadas e equipos auxiliares, reposición de elementos da rede eléctrica, revisións de centros de mando,  instalación de cableado e actuacións de redución do consumo enerxético nos distintos barrios do distrito. Do mesmo xeito, o programa realizou un total de 124 actuacións de limpeza intensiva en 'puntos negros', áreas con pintadas e eliminación de herbas, e outras 99 intervencións de reparación e substitución de contedores de residuos, ademais de 27 actuacións de roza, 18 de limpeza e restauración de bancos, substitución de baldosas rotas e plantación de arborado. Como sinala a concelleira desta área, o dispositivo de limpeza integral desenvolvido ata o momento incluíu melloras nun total de cen rúas, prazas e parques da zona de Monte Alto, e continúa a semana que entra na zona de Zalaeta, Orzán e a contorna do Campo da Leña, mentres proseguen o resto de intervencións en todos os barrios que compoñen o Distrito 10.

Tal e como salienta a responsable municipal da área de Medio Ambiente, o programa traballará ao longo de 12 meses nos 10 distritos da cidade para "coordinar e optimizar" os distintos servizos de Rexeneración Urbana e de Medio Ambiente dirixidos á mellora da calidade do espazo público de forma igualitaria entre todos os barrios, con intervencións que abranguen desde a limpeza viaria e o mantemento dos firmes, mantemento de contedores, retirada de herbas das beirarrúas, coidado de parques, xardíns e espazos biosaudables, limpeza e repintado de semáforos e de sinalización horizontal e pasos de peóns, e coidado do alumeado público ou as fontes ornamentais, entre outras.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión