Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de xaneiro de 2019

O Punto Limpo Móbil do Concello pasará este mes de xaneiro por nove barrios da cidade

O servizo promovido pola área de Medio Ambiente co obxectivo de facilitar a reciclaxe a través da recollida selectiva estará dispoñible entre as 9.00 e as 14.15 horas de martes a sábado

A Concellería de Medio Ambiente informa de que este mes de xaneiro o Punto Limpo Móbil visitará nove localizacións distintas da cidade. Así, desde hoxe e até o venres 4, o servizo de reciclaxe estará dispoñible para a veciñanza dos Mallos, ao situarse na rúa Capitán Juan Varela, xunto á Audiencia Provincial. O día 5, trasladarase até Mesoiro, en concreto, na rúa Illas Sisargas. De cara a semana que vén, os días 8, 9 e 10 o Punto Limpo Móbil atoparase en Lonzas, na avenida de Cádiz; mentres que os días 11 e 12 estará na Cidade Vella, no Campo da Estrada. De seguido, do 15 ao 17 o servizo instalarase no Castrillón, na praza Pablo Iglesias, mentres que os días 18 e 19 fará o propio nos Castros, en concreto, na confluencia da avenida de Oza coa avenida do Exército. Na semana seguinte, do 22 ao 24  a veciñanza de Elviña poderá depositar os seus residuos na praza Luís Seoane; mentres que a da Agra do Orzán poderá facelo os días 25 e 26 na praza das Conchiñas. Finalmente, o servizo situarase no barrio de Durmideiras, na rúa Regatta Cutty Sark --fronte á farmacia--, os días 29, 30 e 31 de xaneiro. O Punto Limpo Móbil estará dispoñible, como é habitual, de martes a sábado en horario de 09.00 horas a 14.15 horas. O servizo, que depende da área de Medio Ambiente, facilita a xestión de residuos grazas a súa separación en orixe e promove a reciclaxe a través da recollida selectiva. As persoas que o desexen poderán empregar este servizo para depositar pequenas cantidades de certos residuos do fogar que non teñen cabida nos contedores das rúas, tales como aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, pilas CD, cristal, lámpadas e fluorescentes, pinturas de vernices, radiografías ou tóner, así como roupa, zapatos, xoguetes e pequenos electrodomésticos (televisores, microondas e computadoras). O vehículo conta cunha persoa operaria para axudar á veciñanza a depositar cada residuo no contedor correspondente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión