Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de abril de 2017

O Punto Limpo Móbil pasará no mes de abril por oito localizacións distintas da cidade

O servizo de reciclaxe estará dispoñible de martes a sábado polas mañás, de 9 a 14.15 horas, durante todo o mes, agás os días 13 e 14

A Concellería de Medio Ambiente vén de informar da situación do Punto Limpo Móbil para este mes de abril, no que o servizo se achegará a oito localizacións distintas da cidade. En concreto, desde mañá e até o xoves 6, instalarase na praza Luís Seoane, nos Novos Ministerios, mentres que os días 7 e 8 estará situado nos Castros, na Avenida da Pasaxe, entre os números 25 e 33. Na Semana Santa, os días 11 e 12 o servizo recalará na rúa Capitán Juan Varela, mentres que o sábado 15 estará no barrio de Mesoiro, na rúa Illas Sisargas --non estará operativo, polo tanto, nas festividades dos días 13 e 14 de abril--. Xa na semana do martes 18, e até o xoves 20, o Punto Limpo Móbil situarase na avenida de Cádiz, xunto ao parque infantil de Lonzas, mentres que o venres 21 e o sábado 22 estará na Gaiteira, á altura do número 31. Finalmente, na última semana do mes, os días 25 e 26 o servizo da área de Medio Ambiente estará dispoñible en Adormideras, na rúa Regata Cutty Sark, mentres que os días 27, 28 e 29 a veciñanza poderá facer uso do mesmo na praza Pablo Iglesias do Castrillón. En horario de 09.00 horas a 14.15 horas, as persoas que o desexen poderán empregar este servizo para depositar pequenas cantidades de certos residuos do fogar que non teñen cabida nos contedores das rúas, tales como aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, pilas CD, cristal, lámpadas e fluorescentes, pinturas de vernices, radiografías ou tóner, así como roupa, zapatos, xoguetes e pequenos electrodomésticos (televisores, microondas e computadoras). O vehículo conta cun operario para poder axudar á cidadanía a depositar cada residuo no contedor correspondente. A Concellería destaca que este servizo facilita a xestión de residuos e promove a reciclaxe a través da recollida selectiva.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión