Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de xullo de 2017

O Punto Limpo Móbil pasará no mes de xullo por nove localizacións distintas da cidade

O servizo de reciclaxe estará dispoñible de martes a sábado polas mañás, de 9.00 a 14.15 horas, durante todo o mes, agás no 25 de xullo

A Concellería de Medio Ambiente vén de informar da situación do Punto Limpo Móbil para este mes de xullo, no que o servizo se achegará a nove localizacións distintas da cidade. Hoxe está situado, até as 14.15 horas, na rúa Illas Sisargas, no barrio de Novo Mesoiro. Á semana seguinte, o servizo itinerante recalará entre os días 4 e 6 na rúa Capitán Juan Varela, xunto á Audiencia Provincial, e de cara aos días 7 e 8 a cidadanía poderá facer uso do mesmo na Gaiteira, á altura no número 31. A continuación, o Punto Limpo Móbil situarase, entre os días 11 e 13, na praza Luis Seoane (Novos Ministerios), e os días 14 e 15 na rúa Regata Cutty Sark, en Adormideras. Xa na semana seguinte, o servizo da área de Medio Ambiente visitará a avenida de Cádiz (Lonzas), entre os días 18 e 20, mentres que o venres 21 e sábado 22 situarase na avenida da Pasaxe, entre os números 25 e 33. Finalmente, e tras a festividade do Día Nacional de Galicia --na que o servizo non estará dispoñible--, a veciñanza poderá depositar os seus residuos entre os días 26 e 28 na praza Pablo Iglesias, e o sábado 29 na praza Elíptica dos Rosales.  

En horario de 09.00 horas a 14.15 horas, as persoas que o desexen poderán empregar este servizo para depositar pequenas cantidades de certos residuos do fogar que non teñen cabida nos contedores das rúas, tales como aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, pilas CD, cristal, lámpadas e fluorescentes, pinturas de vernices, radiografías ou tóner, así como roupa, zapatos, xoguetes e pequenos electrodomésticos (televisores, microondas e computadoras). O vehículo conta cun operario para poder axudar á cidadanía a depositar cada residuo no contedor correspondente. A Concellería destaca que este servizo facilita a xestión de residuos e promove a reciclaxe a través da recollida selectiva.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión