Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de novembro de 2019

EMALCSA e o Concello de Cambre estudan a creación dunha empresa pública para o abastecemento e a subministración da auga

A alcaldesa, Inés Rey, salientou a necesidade de traballar conxuntamente no ciclo integral da auga entre os concellos da área metropolitana para mellorar os servizos para a veciñanza

A alcaldesa, Inés Rey, como presidenta de EMALCSA, reuniuse no consistorio co seu homólogo en Cambre, Oscar García Patiño, e co director xeral de EMALCSA, Jaime Castiñeira, para estudar un posible convenio de colaboración para a creación dunha empresa pública para o abastecemento e a subministración da auga. Na xuntanza, tratouse a necesidade de xestionar a forma xurídica máis efectiva para que estes concellos poidan constituír unha empresa de abastecemento e a subministración dos recursos hídricos. Unha fórmula que, aseguran, podería estenderse ao resto de concellos integrados na Mesa Metropolitana da auga. "Demóstrase así, unha vez máis, a vontade metropolitana do goberno local", apuntou Rey.

A rexedora destacou que este proxecto "reforzará o carácter público dun servizo tan básico como a xestión da auga urbana e permitirá que se avance na creación dun modelo de xestión máis transparente e participado".

A alcaldesa salientou o modelo de xestión eficiente de EMALCSA, unha empresa que abastece de auga a poboación de Arteixo, Cambre, Culleredo, Oleiros, Sada, Bergondo e Carral, e colabora habitualmente con estes concellos e outros de toda Galicia, como Ferrol ou Cangas.

Por outra banda, outro dos temas principais nesta xuntanza foi a posible expansión das estacións de Bicicoruña a outros concellos da área metropolitana e Jaime Castiñeira avanzou que xa se está a estudar a viabilidade de estender a rede de estacións para o alugueiro de bicicletas municipais polo termo municipal de Cambre.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión