Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de maio de 2017

A Concellería de Medio Ambiente inicia mañá as actuacións para acondicionar os areais da cidade ao período estival

Os traballos para adaptar Riazor e Orzán ao seu estado natural desenvolveranse até o 3 de xuño. Nas próximas datas instalaranse tamén nos accesos as praias os novos 53 paneis informativos de sinalización de interese público

O Concello da Coruña iniciará mañá, luns 22 de maio, os traballos de acondicionamento dos areais urbanos co obxectivo de preparalos de cara a tempada estival. Así, a área de Medio Ambiente, que dirixe a edil María García, iniciará unha serie de actuacións sobre a duna da praia de Riazor para adaptala ao seu perfil de verán, ao igual que intervirá no Orzán para dotar das condicións axeitadas ao areal para o acceso libre da cidadanía ao mesmo. Os traballos nestas dúas praias desenvolveranse até o próximo sábado, 3 de xuño. Neste período tamén comezará a instalación dos novos 53 carteis informativos do programa Bandeira Azul e de sinalización de interese público que se establecerán, antes do inicio da tempada de baño --o próximo 15 de xuño-- nos accesos aos areais de Adormideras, As Lapas, Matadoiro, Orzán, Oza, Riazor, San Amaro e San Roque. Os carteis incluirán información, dun xeito sinxelo e práctico, de sensibilización sobre os espazos naturais e especies protexidas do litoral coruñés, así como da calidade das augas de baño ou consellos para o uso sostible das praias, ademais de mostrar recomendacións de seguridade cidadá e condutas para unha boa convivencia entre as persoas usuarias nos areais.

Ademais destas actuacións, Medio Ambiente emprenderá o luns 5 de xuño, e até o inicio da tempada estival --o servizo de salvamento e socorrismo estará activo do 15 de xuño ao 15 de setembro--, a limpeza e acondicionamento dos areais urbanos de Matadoiro, As Lapas e San Amaro, ademais das calas dos Moros, Bens, as situadas fronte a Domus e as de San Roque --Bolos, Cetárea e Lino--. Neste período habilitaranse tamén as casetas de Protección Civil, e as pasarelas que faciliten o acceso a persoas con mobilidade reducida, ademais dos contedores e papeleiras cos seus respectivos soportes, os indicadores dos distintos servizos e a megafonía.

O Goberno local realizou, desde o pasado mes de decembro, melloras nas infraestruturas e instalacións das praias da cidade de cara a facilitar o seu uso por parte de toda a cidadanía. As actuacións inclúen, entre outras, melloras nas duchas de Orzán --no acceso situado ao carón da Fonte dos Surfistas-- e de Oza así como un cambiador para persoas con mobilidade reducida neste areal, que este verán albergará as actividades do programa Axuda na praia, que ten como obxectivo que calquera persoa con algún tipo de discapacidade sensorial, física ou psíquica, poida gozar con normalidade o acceso e uso deste areal. Dentro do paquete de medidas de renovación destes espazos de cara a este período estival, o Concello tamén substituíu os mastros das bandeiras de Orzán e Riazor.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión