Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de decembro de 2017

A Concellería de Medio Ambiente pon en marcha a campaña ‘O teu can di moito de ti’, para sensibilizar aos donos e donas de animais domésticos sobre a súa responsabilidade no coidado e limpeza do espazo público

"Cremos nos dereitos dos animais, pero tamén no dereito das persoas de disfrutar dun espazo público de calidade", salientou a concelleira María García, que encadra esta acción nas medidas e políticas do goberno local sobre benestar animal e convivencia pacífica da veciñanza cos cans

A concelleira de Medio Ambiente, María García, presentou este xoves a campaña O teu can di moito de ti, dirixida a sensibilizar aos e ás donas de cans da súa responsabilidade no coidado do espazo público en relación cos excrementos dos seus animais, de "cara a facilitar a  integración e convivencia harmónica na cidade". Deste xeito, o Concello instalará desde esta semana sinais con ilustracións -obra de Xulia Pisón, dentro da aposta do goberno coruñés pola creación local- nun total de 52 espazos repartidos por toda a cidade, como son os parques de San Pedro, Bens, Vioño ou Santa Margarita, á praza Elíptica dos Rosais, o parque infantil das Conchiñas, Catro Camiños, avenida de Novo Mesoiro, a contorna do mercado de Elviña, os xardíns de Méndez Núñez ou Paseo das Pontes, entre outros lugares nos que se dá cita veciñanza con animais. Esta sinalización, que se prolongará nos primeiros meses do 2018, terá acompañamento nas redes sociais, e contará con outro tipo de accións que se irán desvelando nas vindeiras semanas.

"O Concello está facendo os seus deberes e lle presta unha atención fundamental ao coidado, limpeza e mantemento do espazo público, pero precisa esa colaboración cidadá, sempre necesaria, para que os animais domésticos non xeren un uso excluínte destes espazos que son comúns para os distintos colectivos, como deportistas, familias ou xente maior, persoas que teñen o mesmo dereito de disfrutar das zonas verdes como os propietarios e propietarias de animais domésticos", sinalou a responsable municipal, que deu conta dalgunhas das medidas e políticas xa impulsadas nestes dous anos e medio, destinadas a avanzar nos dereitos dos animais e na convivencia pacífica na cidade e a tenza responsable. Entre elas, mencionou o programa de coidado do espazo público A Pé de Barrio, a creación de áreas caninas ou a regulación das colonias felinas, e tamén as campañas de adopcións de animais abandonados, as de identificación de animais mediante microchip ou o control de cans potencialmente perigosos, e recordou que agora mesmo están en construción as áreas de esparcemento canino do Parque de Bens, Parque de Eirís, e que se suman a outras catro que existían previamente na cidade, como son as de Santa Margarita, Novo Mesoiro, Barrio das Flores, e o parque de San Pedro de Visma, "se ben as novas baseánse nun novo concepto, con espazos máis amplos, mellor integrados nas zonas verdes e que se conciben como lugares de convivencia, que contan cunha serie de comodidade para facilitar o seu uso e que esas mascotas teñan o seu espazo", observou.

"Cremos nos dereitos dos animais, pero tamén no dereito das persoas de disfrutar dun espazo público de calidade, e desde esa perpectiva xorde esta campaña, que quere facer un chamado e un recordatorio de que cun pequeno xesto pode mellorarse o espazo público e as oportunidades de disfrute do mesmo", subliñou García, que lembrou que a recollida de dexeccións de animais "é unha demanda recorrente da cidadanía a través das distintas canles municipais, de cara a manter as condicións de hixiene e de ornato público". "O Concello está a prestar unha atención fundamental a ese coidado e mantemento do espazo público, se ben necesita da colaboración da cidadanía, tendo en conta que vivimos nunha cidade moi densamente poboada, e onde conviven coa veciñanza un importante número de animais", incidiu. Neste sentido, salientou que a campaña O teu can di moito de ti é  "un chamado á responsabilidade", pero tamén un recordatorio de que a non recollida dos excrementos dos cans no espazo público supón unha infracción da ordenanza de limpeza que conleva multas de 150 euros. "A Patrulla Verde da Policía Local leva tempo traballando nas vías de defender os dereitos dos animais pero tamén a convivencia e a tenza responsable", lembrou a edil, quen avanzou que nos vindeiros meses haberá "unha atención  preferente" deste corpo ao cumprimento da recollida de dexeccións dos cans.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión