Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de xuño de 2019

Medio Ambiente afonda na campaña de sensibilización ambiental no San Xoán co aumento do reparto de bolsas de papel nos días previos á celebración da festa

A concelleira María García sinala que a iniciativa levarase a cabo en 75 centros de compra da cidade, repartirán un total de 183.000 bolsas biodegradables de cartón

A Concellería de Medio Ambiente informa de que, no marco da campaña de sensibilización sobre residuos que desenvolve de cara á celebración de San Xoán, catro das principais distribuidoras alimentarias da cidade substituirán durante a semana previa á noite meiga as bolsas de plástico que se entregan coa compra por outras de papel. Deste xeito, substituiranse 183.000 bolsas de plástico por unhas de material biodegradable, que se distribuirán en 75 centros de compra da cidade de Vegalsa-Eroski, Gadisa, El Corte Ingles e Froiz.

Tal e como destaca a concelleira María García, esta liña de sensibilización realízase nos días previos á celebración dun dos eventos con maior impacto ambiental da cidade, "e que está a ser monitorizado dentro do Plan de Eventos Sostibles". "Desde o Concello pretendemos concienciar e sensibilizar á cidadanía da problemática da xeración de lixo en xeral, e plástico en particular, así como da necesidade de substituír as bolsas dun só uso por outro tipo de envase reutilizable ou biodegradables de cartón", expón a edil, quen lembra a incidencia do depósito de plásticos nas praias, "xa que é un tipo de residuo contaminante que pode rematar no mar". A presentación das bolsas que se repartirán nos vindeiros días tivo lugar esta mañá no Pazo de María Pita. Ademais da concelleira, por parte das empresas de distribución participaron a responsable de RSC, Irasema Dámaso, e a técnica responsable de residuos de Vegalsa, Nerea Altaír; o director de comunicación e relacións externas de El Corte Inglés, Pati Blanco; a directora de comunicación de Froiz, Brígida Nieto, e o director de marketing de Gadisa, Antonio Cortés.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión