Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Coruña Sostenible

Cuándo:

22 de enero de 2019

O Concello abre o período de exposición pública do anteproxecto de renovación de Nostián, que busca aumentar a sostibilidade ambiental, económica e social da planta

Durante un mes, sectores e axentes implicados do tratamento de residuos poderán realizar as súas achegas, de forma que os trámites de licitación da concesión para a xestión da instalación poidan iniciarse na primeira metade do ano. A concelleira de Medio Ambiente mantivo unha reunión co comité de empresa da planta co que o goberno local traballará de forma conxunta de cara a elaborar unhas cláusulas sociais e económicas que garantan a estabilidade laboral.

O Concello da Coruña abrirá de forma inminente e durante un mes o período de exposición pública do anteproxecto de renovación da planta de Nostián. En concreto, o prazo comezará a contar a partir da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP), o que previsiblemente acontecerá esta semana. Desta forma, habilitarase un período no que tanto sectores como axentes implicados no tratamento de residuos poderán realizar as súas achegas a este documento, de maneira que os trámites para a licitación da nova concesión poidan iniciarse na primeira metade do 2019. O goberno local, a través da área de Medio Ambiente, leva meses realizando un profuso traballo de cara a analizar a situación actual da planta, a súa maquinaria e, sobre todo, os investimentos precisos para poder facer fronte aos ambiciosos obxectivos de xestión que marca a Unión Europea para o horizonte 2035. "Estamos a facer os deberes en tempo tendo en conta que a finalización da concesión actual datouse, por parte da Xunta de goberno local, en xaneiro de 2020, en liña co ditame emitido ao respecto polo Consello Consultivo de Galicia", recordou a concelleira de Medio Ambiente, María García, quen onte mantivo unha reunión con representantes do comité de empresa de Nostián. "A nosa pretensión foi a de adiantar ao máximo os prazos orixinalmente previstos co obxectivo de recuperar unha concesión herdada con graves problemas a nivel xurídico e laboral e poñer orde. As actuacións previstas reverterán nun Nostián máis eficiente e máis sostible ambientalmente, economicamente e laboralmente", incidiu.

A xuntanza tiña como obxectivo non só dar conta da inminente apertura do período de exposición pública do anteproxecto técnico para a remodelación da planta de tratamento de residuos, se non tamén, para establecer un marco de traballo conxunto entre Concello e cadro de persoal de cara á elaboración das cláusulas sociais e laborais que estarán contidas nos pregos de licitación do contrato de xestión da planta e que garantirán o mantemento das condicións laborais e a estabilidade dos postos de traballo.

"O que acordamos co comité de empresa foi levar a cabo un traballo de colaboración ao longo deste mes no que traballamos no desenvolvemento dunhas cláusulas sociais que van tomar como referencia as xa contidas no futuro contrato de limpeza viaria ou no de recollida, nestes momentos en proceso de licitación", comentou a responsable municipal, que indicou a necesidade de garantir o mantemento da masa salarial ao longo dos anos de duración da nova concesión.

"Todo o proceso que estamos levando a cabo dende distintos eixes, tanto coa exposición do anteproxecto técnico, como co traballo de avaliación da situación actual da planta e as melloras que precisa, así como co diálogo co comité de empresa de cara a elaboración das cláusulas sociais e laborais que complementarán o prego de contratación da xestión na planta de Nostián", aclarou. "Ademais disto, mantemos unha liña de traballo constante co Consorcio das Mariñas ante o desafío metropolitano que implica a xestión de residuos e que tamén debemos concretar e definir ao longo deste mes de cara a posibilidade dunha licitación conxunta da xestión de Nostián", indicou.

O anteproxecto para a remodelación da planta de tratamento de residuos (e que irá ligado ao proceso de licitación da xestión), prevé un investimento na mesma de 42 millóns de euros, cantidade que se empregará "en reforzar e facer aínda máis potente un sistema que lidera a xestión de residuos en Galicia e que é un referente en todo o estado". As obras previstas, que deberán ser asumidas pola adxudicataria do novo contrato de xestión de residuos sólidos urbanos, contribuirán a incrementar de forma notable as ratios de recuperación tanto de envases como outros materiais, polas que tanto o Concello como a xestora da planta e os municipios do Consorcio das Mariñas reciben importantes aportacións económicas. De feito, en 2018 superouse, por vez primeira, a cifra dos 8 millóns de euros. As actuacións recollidas no anteproxecto tamén prevén un incremento e mellora da calidade da produción de compost, así como as cifras de reciclaxe. "A mellora na recuperación de envases que se proxecta non só redundará en melloras económicas tanto para a planta como para as administracións implicadas, senón que, ademais, revertirá en incentivos salariais dos que se beneficiará o cadro de persoal", salientou García.

Anteproxecto técnico

Unha das premisas que terá esta planta é que introducirá as mellores tecnoloxías dispoñibles, "tecnoloxías de maior efectividade e contrastadas no mercado para que esa recuperación de envases e materiais contribúa ao mantemento económico de todo o sistema de tratamento, xa que non falamos só da reciclaxe como necesidade ambiental, senón tamén coma fonte de ingresos". Para iso proxéctase un investimento de case 10 millóns de euros en dúas liñas  de tratamento de diferentes equipos de inorgánico "que pretenden incrementar notablemente a recuperación de envases e materiais". No que atinxe ás actuacións de residuos orgánicos, o anteproxecto contempla un gasto de 4,2 millóns en tecnoloxías de separación de impurezas que podan ter este residuo, así como de 6,3 millóns para túneles de compostaxe diferenciados pola calidade do residuo. "Estamos a falar de conceptos moi técnicos pero, para entendernos, o que pretendemos é que a planta teña unha serie de rutas diferenciadas para o tratamento da materia orgánica segundo a súa calidade e presenza de impurezas", apuntou. "Con isto poderiamos conseguir que se producise, ao ano, 48.600 toneladas de compost", indicou. Desa cantidade, 6.700 toneladas serán de compost ecolóxico procedente da pioneira forma de recollida porta a porta a grandes produtores que impulsou o actual executivo municipal.

Avisos y Eventos

  • Aprobación inicial da modificación da Ordenanza de xestión de residuos municipais e limpeza viaria

    Cuándo:

    Desde el 06/02/2019 hasta el 21/03/2019

    O Pleno do Concello da Coruña, en sesión ordinaria celebrada o 14 de xaneiro de 2019, acordou a aprobación inicial da modificación da Ordenanza de xestión de residuos municipais e limpeza viaria.

  • Resolución de autorización de uso de huertos urbanos

    Cuándo:

    Desde el 22/01/2019 hasta el 30/06/2019

    Resolución de autorización del uso de las parcelas y mesas de cultivo de las huertas urbanas por un período de dos anos a las personas y entidades indicadas en el documento adjunto.

Agenda

Econsejos Sostenibilidad

Más información
  • Logotipo del Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?