Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de xullo de 2019

O Concello anima aos veciños de Nostián e Bens a limpar a súas fincas aproveitando o convenio da Xunta

A Concelleira de Medio Ambiente reuniuse cos representantes das asociacións de veciños de Nostián e Bens para informais da súa obriga de limpar as súas leiras e que poden facelo a través das axudas outorgadas pola Xunta e o Fegamp

A concelleira de Medio Ambiente, Esther  Fontán, reuniuse cos veciños de Nostián e Bens para informarlles da necesidade de manter limpas as súas fincas con o fin de previr incendios nestas zonas consideras de alto risco polos responsables da Xunta. Trátase, explicou a concelleira, de buscar unha solución na prevención de incendios  forestais e que se adscriban  ao convenio de colaboración asinado entre a Xunta, ou Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias) e Seaga que recolle o plan de desbroce das leiras da faixa secundaria que afecta a estas zonas.  

A responsable de Medio Ambiente explicoulles aos residentes que a Xunta establece esta política de prevención, pero que é obriga do Concello adoptar medidas preventivas nas parcelas municipales e ordenar a execución de obras para conservar e manter o solo e a biomasa. Este programa prioriza as zonas de alto risco de incendios como as citadas ao estar azoutadas polo vento do Nordés, de forma que cada hectárea que se desbroce lle sairá aos donos das fincas por 350 euros -preto de 18 euros o ferrado- e inclúe a retirada da maleza, un prezo que está por debaixo do estipulado no mercado.

Os afectados teñen ata o 3 de xullo para inscribirse ao plan. De non limpar as fincas pola súa conta ou acolléndose a este convenio da Xunta, pasarase a unha fase executiva subsidiaria despois de 15 días na que o propietario verase na obriga de acometer os traballos, pero a custo de mercado.   

Na web de Medio Ambiente pódese descargar o modelo de contrato para adherirse. No mesmo apartado está colgado unha sección con todas as referencias catastrais que abarca dito acordo. Ademais, desde a Concellaría habilitarase un servizo de información na súa sede da rúa Pedro Ferrer o martes 23, en horario de 09.00 a 13.00 horas, para os veciños que o necesiten.

De facer caso omiso á lei autonómica, aprobada en 2007 para a prevención e en defensa de incendios forestais, a Xunta procederá a sancionar aos propietarios con multas que van desde o 1.000 aos 100.000 euros.  O convenio ten validez ata 2022, de forma que os donos de terreos que decidiron limpalos pola súa conta, poderán sumarse ao mesmo nos vindeiros exercicios. Tampouco están na obriga de permanecer os catro anos os adscritos a el.   

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión