Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de novembro de 2018

O Concello avanza na ampliación das accións de coidado do espazo público do programa Ruarte para rescatar puntos degradados da cidade a través da arte

O alcalde visitou o intervención que se está a realizar na rúa Costa Rica e indicou que nos vindeiros días comezarán a recuperación do mural en homenaxe a Urbano Lugrís situado na praza de Pontevedra e accións nos contedores de recollida de roupa

O alcalde, Xulio Ferreiro, visitou esta mañá o viaduto da rúa Costa Rica, na que se está a realizar un proxecto integral de arte urbana, a cargo da artista Paula Fraile, para a recuperación da zona. Esta intervención realízase dentro do marco do programa municipal Ruarte, que pretende "afondar no coidado da cidade a través da arte como maneira de mellorar e recuperar áreas degradadas do espazo público". "A arte convértense neste programa nun sistema máis de expresión cultural e urbana, que pon en valor o traballo de artistas vinculados e vinculadas á cidade ao tempo que rescatan espazos das nosas rúas que pola súa estrutura e situación poden atoparse degradados o non resultar acolledores", manifestou o rexedor, quen avanzou que as sete intervencións anunciadas van ser ampliadas nos vindeiros días. "Imos comezar a actuar nos 120 contedores de recollida de roupa que instalamos en colaboración coa entidade Padre Rubinos, unha acción que se iniciará a finais desta semana, e tamén na recuperación do mural en homenaxe a Urbano Lugrís situado na praza de Pontevedra, na que traballará o seu autor dende mañá se o permite a chuvia", informou.

As primeiras iniciativas dentro de Ruarte, para as que se escolleron temáticas relacionadas co medio ambiente, abarcan actuacións en sete puntos da cidade, como son  o muro do depósito de auga de Monte Alto, os aseos da praza da Cubela e as instalacións do parque de Eirís, a rúa Caballeros fronte á estación de autobuses (xa rematado), o muro da finca dos Mariño, o propio viaduto da rúa Costa Rica e, a recuperación da entrada do parque de San Diego e do viaduto da avenida do Exército que, como indicou Ferreiro, é unha petición da propia asociación de veciños e veciñas do barrio dos Castros e se iniciará a vindeira semana.  

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión