Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de xuño de 2019

O Concello celebra o Día dos Océanos co inicio da actividade da campaña de sensibilización e participación ambiental 'Móllate'

Mañá celebrarase unha acción aberta á cidadanía na que participarán Kilomberos de Monte Alto e os grupos de estudantes que xa están a traballar na elaboración da campaña

A celebración este sábado, 8 de xuño, do Día dos Océanos, marcará o inicio da cuarta edición da campaña de educación e participación ambiental Móllate, unha iniciativa impulsada pola Concellería de Medio Ambiente co obxectivo de sensibilizar á veciñanza, en especial á xente máis nova, sobre a redución de residuos, en especial plásticos, durante o San Xoán. Tal e como destaca a edil María García, a noite meiga é o evento de maior impacto ambiental que se celebra na cidade, polo que considera fundamental "afondar nunha liña de traballo a prol da sustentabilidade que implica á veciñanza e, particularmente, á xente moza". "A redución desde 2015 nun 45% do lixo nas praias durante o San Xoán é algo do que nos temos que sentir orgullosas e orgullosos, é un dato efectivo que dá conta dunha acción política dirixida a avanzar cara a unha cidade máis sostible e comprometida, que loita desde o local, coa implicación veciñal, contra un feito global como é a contaminación e o cambio climático", expón García.

Así, coincidindo coa efeméride ambiental, a área de Medio Ambiente iniciará nesta xornada unha serie de iniciativas para dar a coñecer a nova edición da campaña. A primeira das accións tivo lugar nesta xornada, coa colocación, no Pazo de María Pita, de dúas lonas de Móllate. Ademais, mañá realizarase unha batucada da man da agrupación Kilomberos de Monte Alto na que, dun xeito festivo, se denunciará o uso excesivo de plásticos que, finalmente, rematan no mar. A iniciativa, aberta á cidadanía, terá lugar ás 18.00 horas xunto á fonte dos surfistas do Paseo Marítimo, e contará coa asistencia do alumnado de todos os centros educativos implicados nesta edición de Móllate. As e os participantes contarán con disfraces de plástico e instrumentos deste material reciclado.

Nos vindeiros días o Concello e o alumnado que participa en Móllate iniciará novas accións de sensibilización no marco da campaña. Para máis información sobre a mesma, pódese visitar o web http://mollate.coruna.gal

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión